sábado, 19 de diciembre de 2009

O APALPADOR

O Apalpador é un personaxe mítico do Nadal galego, especialmente nas zonas do Courel e Cebreiro. Agora mesmo, diferentes asociacións tratan de recuperar esta figura, que vén a ser o Papá Noel galego.É grande, viste boina e traxe esfarrapado e con remendos e fuma pipa.A noite do 24 de decembro o Apalpador visita aos nenos e nenas galegas, cando están durmidos, e apálpalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame.Se é o primeiro caso di "Así estés todo o ano" e deixa unha presa de castañas. No segundo caso fica calado e tamén deixa as castañas.Nos tempos actuais, o Apalpador pode traer algún que outro xoguete, procurando sempre que sexan de fabricación caseira ou reutilizados.Intenta que os nenos e nenas se den conta de que para pasalo ben non precisan ter moitos xoguetes, nin tampouco que estes sexan novos.


lunes, 14 de diciembre de 2009

UNHA PANXOLIÑA

Para non ser menos , eu tamén quero poñer neste blog un "sopliño" de ambiente navideño. Aquí tedes unha das miñas panxoliñas favoritas. Espero que vos guste. A min paréceme preciosa.

AMBIENTE NAVIDEÑO




Pouco a pouco o cole vaise enchendo de ambiente navideño. Os nen@s de 1º e 2º fixeron estreliñas con cartón reciclado e diferentes adornos para poñer nos corredores. En Infantil elaboraron un mural precioso, para poñer no corcho da entrada. Este ano os nenos e nas de 3º e 4º puxeron a árbore de Nadal. Utilizaron a árbore do ano pasado e adornárona con unhas estreliñas feitas coa parte de abaixo de botellas de auga. Os maiores xa están tamén colocando nos corredores as súas postais...Pouquiño a pouco achégase o Nadal.


TÍTERES TROMPICALLO


O día 4 de decembro , o alumnado de 1º e 2º e as súas profes Fina e Loli, fomos ata o cine Alovi para ver unha representación de títeres. A obra titúlabase Bolboreta, e foi bastante entretida. Só houbo un pequeniño problema: os nenos de 2º xa a virán.Pero a pesar de todo gustoulles moito e pasárono moi ben.