lunes, 14 de diciembre de 2009

AMBIENTE NAVIDEÑO




Pouco a pouco o cole vaise enchendo de ambiente navideño. Os nen@s de 1º e 2º fixeron estreliñas con cartón reciclado e diferentes adornos para poñer nos corredores. En Infantil elaboraron un mural precioso, para poñer no corcho da entrada. Este ano os nenos e nas de 3º e 4º puxeron a árbore de Nadal. Utilizaron a árbore do ano pasado e adornárona con unhas estreliñas feitas coa parte de abaixo de botellas de auga. Os maiores xa están tamén colocando nos corredores as súas postais...Pouquiño a pouco achégase o Nadal.


No hay comentarios: