sábado, 19 de diciembre de 2009

O APALPADOR

O Apalpador é un personaxe mítico do Nadal galego, especialmente nas zonas do Courel e Cebreiro. Agora mesmo, diferentes asociacións tratan de recuperar esta figura, que vén a ser o Papá Noel galego.É grande, viste boina e traxe esfarrapado e con remendos e fuma pipa.A noite do 24 de decembro o Apalpador visita aos nenos e nenas galegas, cando están durmidos, e apálpalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame.Se é o primeiro caso di "Así estés todo o ano" e deixa unha presa de castañas. No segundo caso fica calado e tamén deixa as castañas.Nos tempos actuais, o Apalpador pode traer algún que outro xoguete, procurando sempre que sexan de fabricación caseira ou reutilizados.Intenta que os nenos e nenas se den conta de que para pasalo ben non precisan ter moitos xoguetes, nin tampouco que estes sexan novos.


1 comentario:

Ángeles. dijo...

Espero que o Apalpador che deixara algún regaliño que o mereces. Eu desexo para ti e os teus un ano novo cheo de ledicia, amor e saúde.
Un bico.