jueves, 28 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Dende o equipo de Dinamización propuxéronnos elaborar uns marcapáxinas sobre a figura de Rosalía de Castro. Aproveitamos tamén para investigar algo da súa vida, ler algúns poemas e cantar o poema Alborada, que non nos resultou moi fácil, xa que a música é bastante rápida. Pero como somos moi atrevidos, disfrutamos moito con todas as actividades.




domingo, 24 de febrero de 2019

FRANCÉS CON TICS

Hoxe tocounos facer repaso de francés dun  xeito diferente. Empregamos os ordenadores Abalar para entrar en Fresquirecursos e buscar xogos, cancións e outros recursos para repasar colores, roupas, números... Foi unha sesión un pouco diferente, e como podedes ver, non o pasamos mal.


lunes, 18 de febrero de 2019

VISITAMOS OS MUSEOS DA CORUÑA

O día 13 de febreiro fomos visitar os Museos Coruñeses. Primeiro estivemos na Casa das Ciencias. Alí participamos de todas as experiencias e pasamos un rato ben entretido. Tamén aproveitamos para ver o Planetario. 
Logo desprazámonos ata a Domus, onde tomamos o xantar e  acarreiramos arriba e abaixo para non perdernos detalle deste magnífico museo interactivo.
Foi unha estupenda experiencia, especialmente para aqueles nenos e nenas que visitaban os museos por vez primeira. O sol acompañounos toda a xornada. Estupendo día!!


domingo, 3 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

O mércores 30, celebramos o Día da Paz no cole. Cada curso ou ciclo levaba unha cancionciña para presentar aos demais. Os máis pequenos cnatáronnos  O patio do meu cole e bailaron a Danza da Paz . Logo , os nenos e nenas de primaria cantaron e escenificaron diferentes cancións: Vida, de Ricky Martin;  Intenta respetar, de Baute; I´ve peace in my hands; Lo siento, de Beret..
Nós, en francés, preparamos unha moi fermosa canción On écrit sur les murs e acompañámola con xestos significativos.

Antes de comezar, formamos a nosa pomba cooperativa. Cada curso escolleu unha palabra, que tiña que escribir sobre unha peza dun puzzle. Íamolas colocando ao tempo que dicíamos: Queremos un mundo cheo de...TOLEREANCIA, RESPECTO, DIVERSIDADE, AMOR...
Quedou moi chula esta actividade que nos propuxo o equipo de Dinamización lingüística.