domingo, 3 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

O mércores 30, celebramos o Día da Paz no cole. Cada curso ou ciclo levaba unha cancionciña para presentar aos demais. Os máis pequenos cnatáronnos  O patio do meu cole e bailaron a Danza da Paz . Logo , os nenos e nenas de primaria cantaron e escenificaron diferentes cancións: Vida, de Ricky Martin;  Intenta respetar, de Baute; I´ve peace in my hands; Lo siento, de Beret..
Nós, en francés, preparamos unha moi fermosa canción On écrit sur les murs e acompañámola con xestos significativos.

Antes de comezar, formamos a nosa pomba cooperativa. Cada curso escolleu unha palabra, que tiña que escribir sobre unha peza dun puzzle. Íamolas colocando ao tempo que dicíamos: Queremos un mundo cheo de...TOLEREANCIA, RESPECTO, DIVERSIDADE, AMOR...
Quedou moi chula esta actividade que nos propuxo o equipo de Dinamización lingüística.



No hay comentarios: