jueves, 28 de abril de 2011

RECOLLENDO BICHOS

Estamos rematando o proxecto dos animais.Como hoxe tiñamos bo día, saímos ao patio, para recoller bichiños e logo poder miralos nas caixiñas con lupa e no microscopio de animais. Que maneira de correr buscando bichos!!



miércoles, 27 de abril de 2011

A VOZ DA ESCOLA

Hoxe, en "La voz de la escuela", Punset recórdanos un proverbio chino: Dime algo, y lo olvidaré. Enseñame algo y lo recordaré. Hazme partícipe de algo y entonces aprenderé.


Recoméndannos tamén un vídeo de You Tube: Aprender haciendo.Neste vídeo, Punset entrevista a Roger Schank, experto en intelixencia artificial e onde nos conta que é moito máis fácil aprender facendo as cousas que escoitando ao profesor ou lendo o que presentan os libros. A min púxomo a reflexionar e pensar en cousas que teño que cambiar do meu traballo. Por si vos interesa, aquí queda o vídeo.



DÍA DO LIBRO 2011










Para celebrar o Día do Libro o equipo da biblioteca propúxonos facer un intercambio de lecturas entre nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria.Nós fomos hoxe, despois do recreo, ata a biblioteca. Alí estaban tamén os rapaces e rapazas de 3º de ESO. Recitámoslles un precioso poema: "As cores da vida ". Todos leron de maravilla e con moito interese por facelo ben. Logo, os maiores , léronnos un conto que nos gustou moito "Ovos cocidos".Como era interesante, estivemos moi atentos.Quedáronnos gañas de repetir.

domingo, 24 de abril de 2011

FERMOSOS POEMAS

Acabo de leer no blog de Ángeles, remendos, un fermoso poema de Carlos Negro para o Día Mundial do Libro.Animádevos a lelo.

Tamén Digna no su blog fixo unha moi bonita traducción ao galego dun poema de Neruda.Unha lecturiña máis.

E vou seguir abusando das miñas compañeiras, xa que no blog de Inglés podedes escoitar unha canción moi simpática que tamén nos invita a ler (Lea por favor).

viernes, 22 de abril de 2011

E A TI, GÚSTACHE LER?

Ollade este vídeo para ir adiantándonos á celebración, o próximo sábado, 23 de abril, do Día do Libro.

jueves, 21 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DA TERRA 2011

O día 22 de abril celebraremos o Día da Terra.Aínda que é unha labor de sempre, trataremos especialmente neste día de tomar conciencia dos problemas da contaminación, da importancia de conservar a biodiversidade e de buscar solución a problemas medioambientales para coidar a nosa Terra.Seguro que todos podemos facer algunha "acción verde" para colaborar có noso planeta:plantar un árbol, recoller un papel do chan, apagar as luces...¿A que se vos ocurren moitas máis cousas?

CUMPLES 2º TRIMESTRE

Por fin celebramos os cumpreanos do 2º trimestre. Nesta ocasión felicitamos a Laura, Estela, Inés,Ángela e Alex. Como saiu tan ben a vez anterior, quixeron repetir a pizza, e unha vez máis estaba deliciosa. As familias trouxéronnos uns postres riquísimos: rosquiñas, tarta e saborosos batidos. Graciñas ás profes e familias por colaborar e Feliz Cumple.