Mostrando entradas con la etiqueta PLANTAMOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLANTAMOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de abril de 2016

A PLANTAR TOMATIÑOS

Déronnos unfermoso agasallo para a clase: un minihorto. Montamos todas as pezas e veredes como nos quedou xenial. Logo puxemos a turba, que viña compactada, nunha tina con auga. Cando xa tiña ben "bebido", mesturámola coa terra, botámola no minihorto e plantamos unhas sementes de tomates cherry. 
Estamos impacientes por ver o que sae de aí.


martes, 13 de octubre de 2015

PLANTAMOS NOCES E ABELÁS

Chegou  o outono e, unha vez máis, facemos unha pequena plantación , neste caso de noces e abelás. Logo levámolas para o corredor do noso cole, para seguir prestándolles coidados. Esperamos que medren, a ver se enchemos de árbores a nosos finca do Bañal.
Non temos moitas fotos debido a problemas técnicos (acabouse a batería), pero aquí queda unha mostra do noso traballo.


jueves, 2 de octubre de 2014

MENUDO HORTO!!

Xunto có alumnado de 2º e a súa profe Fina, fomos recoller a colleita do invernadoiro. O curso pasado plantamos alí algunhas cousiñas coa profe Begoña. Mirade todo o que recollemos.

miércoles, 1 de octubre de 2014

QUE PASADA, A BIBLIOTECA!!

Cantas cousas se poden facer na biblioteca!! Todos os xoves imos con Marita. Alí escoitamos e lemos contos,
Tamén tivemos ocasión de asistir a un precioso concerto que nos ofreceron os membros da banda municipal.
E, para rematar, tivemos con nós na biblioteca a Helena Villar Janeiro, que nos presentou o seu novo libro "As señoras cousas". Helena leunos algúns poemiñas deste libro e contounos anécdotas moi divertidas. Pasámolo moi ben.

lunes, 28 de abril de 2014

FARMACIA NATURAL

Nestes días estamos metidos en varios proxectos. Un deles é a Farmacia natural, promovida por Educa- Barrié. Imos levar a cabo un proxecto de investigación na aula sobre plantas saudables.
En primeiro lugar , recibimos un kit con todo o necesario para comezar a nosa plantación. Por equipos fomos plantando as sementes. Deixamoslas na repisa da ventana (Hai un caloriño alí que parece un invernadoiro)
Agora, uns días despois, empezan asomar as plantiñas. Estamos intrigados pensando en que sairá dos vasiños.






lunes, 21 de abril de 2014

MENUDA PLANTACIÓN

Logo deste tremendo inverno, con tanta auga e cicloxénesis, xa non nos lembrábamos da nosa plantación de porros. O primeiro día bon que tivemos, José Antonio, o conserxe, axudounos a recollelos. Menuda colleita!! Quedamos abraidos! Ollade as fotografías e veredes que non mentimos nada.


martes, 30 de abril de 2013

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Coa axuda de José Antonio, o noso conserxe, fomos ata o invernadoiro para plantar porros. Foi moi doado, porque xa tiñamos os buratiños feitos. Agora a esperar a que medren!

domingo, 4 de marzo de 2012

IMOS ATA O VIVEIRO

O próximo proxecto que imos traballar son as plantas. Para ir entrando no tema, a aproveitando que facía bo día, e que tiñamos á teacher Ángeles de axudante, fomos ata o viveiro do cole. Alí transplantamos unha plantiñas que tiñamos na clase e que despois de pasar o inverno, precisaban un cambio de terra e maceta.Esperamos que se lles note e se poñan ben fermosas.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

PLANTANDO, PLANTANDO

Antes de que outono nos trouxese a choiva, aproveitamos, como tódolos anos, para ir ao viveiro plantar algunha cousiña. Este curso decidimos plantar carballos, acivros e loureiros.Estivemos moi organizados e rematamos prontiño. Temos que dar as grazas a José Antonio, que nos axudou a regar cando rematamos.Nuns días iremos ver se prenderon.

viernes, 27 de mayo de 2011

VAI BO TEMPO.IMOS PLANTAR

Vou contar un pouco do que fixemos estes días, porque xa me reñeu Estela, por levar unha boa temporada sen poñer ningún traballo novo no blog. Pero é que se achega fin de curso e andamos liados con moitísimas cousas e non sempre hai tempo...Bueno, pois como estivemos có tema das plantas, fixemos experimentos sinxelos na clase.Metemos un caravel branco nun frasco con auga tinguida de azul. Outro metémolo en auga vermella. Comprobamos que pasados dous ou tres días os caraveis cambiaban a súa cor e volvíanse da cor da auga na que estaban. Quixemos ser máis arriesgados e partimos á metade o talo doutro caravel branco.Puxemos cada metade nun dos frascos anteriores. Viase perfectamente nuns días que o caravel se volvía metade azul e metade vermello.
Tamén comprobamos como as plantas necesitaban a luz. A unha plantiña que tiñamos na clase, tapámoslle unha folla con papel albal. Aos poucos días, aínda que a planta estaba ben verde, ao destapar a folla vimos que estaba moito máis blanquiña.


Coa axuda da profe Fina fomos ao horto do cole e plantamos 3 tomateiras nunhas macetiñas e máis 3 matas de frambuesas. Nuns días iremos ver se prenderon e medraron.




E, por último, este xoves fomos xunto cos nenos e nenas de Infantil e 2º, á Casilla do Bañal, onde plantamos un montonazo de buxos, arredor dunhas estacas, que ,cando medren van ter a forma da nosa tartaruga da Aula de Medio Ambiente.

No Bañal aproveitmos para que os nenos e nenas estrenasen a cámara de fotos que gañamos no concurso de reciclado do cole. Mirade que fotos fixeron.Están feitos uns profesionais.




domingo, 21 de marzo de 2010

PLANTAMOS BULBOS

O pasado martes, aproveitando que non facía mal tempo, fomos ata o viveiro do cole. Estivemos mirando as sementes que tiñamos plantadas dende o outono, pero a verdade é que non medraron moitas.Pero non nos desanimamos e imos seguir plantando. Nesta ocasión plantamos uns bulbos. Uns poucos deixamolos no viveiro, e outros poucos levámolos para a clase.Estamos seguros/as de que imos ter unhas flores chulísimas.