domingo, 11 de diciembre de 2011

PREPARAMOS O FESTIVAL

Este ano no festival de Nadal imos cantar unha panxoliña en inglés (xa que estamos coa sección bilingüe). Acompañannos os nenos e nenas de 1º. Aquí quedan uns vídeos por se queredes repasar o vocabulario e a canción.



SEGUIMOS CÓ NADAL

Estamos traballando para decorar o noso cole de cara ó Nadal. En Infantil fixeron un mural precioso. Os nenos e nenas do 2º ciclo están deixado os corredores moi ambientados. No primeiro e 3º ciclo estamos a facer unha árbore. Os profes colaboran no pintado dos paraugas cós que armaremos a árbore e os nenos e nenas estanse encargando de facer os adornosl.Isto sí que é traballo en equipo.

Click to play this Smilebox album de fotos
Create your own album de fotos - Powered by Smilebox
An album de fotos by Smilebox

Santa Claus is coming

Seguimos traballando en Plástica.Agora xa vai chegando o Nadal e ocurreusenos facer uns Papá Noeles para adornar a clase e as nosas árbores.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Photo collage personalized with Smilebox

AGASALLO PARA MARIAN

Temos na clase un artista que se chama Anxo. Fixo un fermoso debuxo para Marian, que os compañeir@s lle axudaron a colorear. Cando Marian o veu púxose moi contenta e unha vez máis volveuse emocionar.Bicos Marian.


Click to play this Smilebox tarjeta
Create your own tarjeta - Powered by Smilebox
Make your own tarjeta

sábado, 10 de diciembre de 2011

A PROFE BLANCA

Balanca é a profe de Relixión. Como está chegando o Nadal , contounos un conto moi lindo: "Erase una vez la Navidad".Logo, coas figuriñas do conto montamos un Belén, nas mesas que temos para as nosas exposicións.

O PROFE PEDRO

Pedro é o novo profe de ximnasia.Con él pasámolo ben e fainos xogos moi entretidos. Aquí podedes ver o divertido que é tratar de poñerlle o rabo ao burro cós ollos tapados.
Pero, ademáis é o noso profe de Informática. Ás veces xuntámonos con nenos e nenas de outros cursos (1º ou 3º) e ensinanos cousas importantes: Os dereitos dos nenos, Día da Non Violencia contra a muller...Graciñas pola túa axuda, profe Pedro.



domingo, 4 de diciembre de 2011

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O dia 3 de decembro foi o Día das persoas con discapacidade.Porque todos somos persoas, debemos aprender a convivir e porque a escola é un dos principais medios de socialización, debemos camiñar cara unha escola inclusiva. Atopei este vídeo que me parece bonito. A ver se vos gusta.