lunes, 18 de febrero de 2019

VISITAMOS OS MUSEOS DA CORUÑA

O día 13 de febreiro fomos visitar os Museos Coruñeses. Primeiro estivemos na Casa das Ciencias. Alí participamos de todas as experiencias e pasamos un rato ben entretido. Tamén aproveitamos para ver o Planetario. 
Logo desprazámonos ata a Domus, onde tomamos o xantar e  acarreiramos arriba e abaixo para non perdernos detalle deste magnífico museo interactivo.
Foi unha estupenda experiencia, especialmente para aqueles nenos e nenas que visitaban os museos por vez primeira. O sol acompañounos toda a xornada. Estupendo día!!


No hay comentarios: