viernes, 22 de marzo de 2019

VISITA AO CASTRO DA UZ

Dentro do programa Atrévete,realizamos este mes unha visita  aoCastro da Uz . Logo dunha pequena presentación acerca do que é ser un emprendedor, visitamos as instalacións do centro. Na aula de plástica, a profe ensinounos a "sacar " un monstro moi mostruoso de dentro dun anaco de plastilina. Encantáronnos os talleres, as aulas, a merendola coa que nos agasallaron....Agora toca buscar ideas e lanzarnos a emprender algún negocio interesante.

No hay comentarios: