lunes, 3 de junio de 2013

VISITAMOS O CONCELLO

Seguindo có noso proxecto da localidade, nesta ocasión visitamos o edificio do Concello, acompañados do alumnado de 4º e a súa profe Fina. Alí tivemos a oportunidade de visitar o salón de plenos (o mesmo que sae na tele!!!, dicían os nenos ), as dependencias da policía municipal, a oficina do rexistro...
No salón de plenos, fomos recibidos polo noso alcalde, Valentín Gónzalez Formoso, que nos explicou como se facían os debates e tomaban as decisións os concelleiros. Fixemos unha parte práctica, na que a alcaldesa Estela tivo que dar os turnos de palabra e debatimos temas importantes: mellora do parque municipal, regulamento para evitar que os cans manchen as estradas, os deberes no cole...Por suposto, a secretaria Carla, tivo que levantar acta de todo o que acontecía e dos resultados das votacións.
Na oficina de rexistro, demoslle entrada a unha serie de cuestións que nos preocupaban e deixamolas alí, esperando que o noso alcalde nos responda a elas.
Os policías explicáronnos en que consistía o seu traballo e foron moi amables contestando ás nosas preguntas.
No edificio do Concello están tamén as oficinas da radio e da tele local. Ainda que non puidemos entrar, o cámara da tele achegouse ao concello para deixar conta da nosa visita.
Por suposto, durante o camiño , aproveitamos para observar diferentes servizos municipais: limpeza, Grumir, xardineiros...
Graciñas a todos por atendernos tan ben.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Unha boísima excursión. Seguro que ao mesmo tempo que aprendíchedes moitas cousiñas sobre o Concello, tamén o pasáchedes moi ben. Un bico.