domingo, 17 de octubre de 2010

XOGAMOS CÓ CORPO

Aínda que o curso pasado, traballaron coa profe Oliva o corpo, nun fermoso proxecto, este ano ímolo revisar un pouquiño, porque parece que é un tema que lles gusta moito e quixeron comezar por el. Estivemos traballando algún dos sentidos. Aproveitamos para ulir algunhas esencias, para ver se as coñecían. Anxo, cando uleu a menta, dixo que iso era como uns caramelos que tiña a súa avoa na casa. Tamén se aproximaron ao eucalipto. O resto eran un pouco difíciles: ourego, tomillo...

Para traballar o sentido do gusto, fixemos unha pequena degustación de froitos secos: anacardos ,pistachos, cacahuetes, pipas...Deixamos para esta semana a degustación de froitos carnosos de outono.

Cos ollos vendados descubrimos o importante que é o sentido da vista e o moito que o necesitamos. Intentamos recoñecer aos compañeiros utilizando outros sentidos: o oído, para identificalos polas súas voces (foi bastante fácil), o tacto (este xa foi moito máis complicado). Utilizamos tamén o tacto para identificar algúns obxectos.

Despois de repasar o esqueleto, movémonos pola clase e comprobamos que o corazón latía máis rápido. Logo observamos que o noso corpo podíase doblar por partes diferentes, chamadas articulacións.

3 comentarios:

Ángeles. dijo...

Canto aprenden e que ben o pasan estos nenos e nenas de primeiro, o que non cabe duda é que están en forma! Bicos.

Loli Prieto dijo...

Pois tes moita razón. Hai que ver como se doblan.

Oliva dijo...

Sen dubida a mellor forma de coñecer o corpo e descubrindo as múltiples posibilidades que nos ofrece e nada mellor que o xogo e a experimentación. Alégrome de que sigades reforzando contidos dun xeito tan divertido que de seguro non se esquecerán, bicos.