jueves, 27 de mayo de 2010

DOUS PALLASOS EN APUROS

A ANPA do noso centro, en colaboración coa Deputación da Coruña , programou para o mércores 19 de maio unha representación teatral a cargo de compañía Os sete magníficos máis un.A obra titulábase Dous pallasos en apuros . Pola Casa Dopeso pasaron Don Quijote e Sancho, Guillermo Tell e dous dentistas un pouco tolos. Foi unha hora de diversión e risas a gargalladas. Moitas graciñas á ANPA.

RECITADO NO LICEO







O día 17 de maio, invitados pola Asociación Cultural Liceo, acudiron dúas nenas da nosa clase a facer unhas lecturiñas en galego, para celebrar o Dia das nosas Letras. Xuntáronse alí nenos e nenas de todos os coles. Todos eles recitaron e dramatizaron fermosos poemas e contos. Carmen e Ángela fixérono estupendamente, moi tranquilas e con moito sentimento. Tamén nos acompañaron tres nenos de Secundaria: Andrea, Iago e Gabriel. Algúns membros do grupo poético Alalá recitaron poesías, tanto de creación propia como de Uxío Novoneyra. E por suposto non faltaron os gaiteiros.



lunes, 17 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010



A Real Academia Galega adica o día de hoxe ao gran escritor Uxío Novoneyra, poeta do Courel .Se pinchades aquí , entraredes na súa web e atoparedes moita información acerca da súa biografía, obras, poemas, vídeos, fotos, grabados...

Nós, no cole, fixemos moitas actividades relacionadas con este día: pegamos carteis nos corredores, estudamos nas clases ao autor e as súas obras e...como non, preparamos o noso Festival das Letras Galegas. Este ano como novidade celebrámolo no auditorio Alovi, o xoves día 13. O sitio é estupendo, con grande capacidade para acoller ao alumnado e ás súas familias, e cun gran escenario. Todo resultou moi bonito. Alí celebrouse a "voda do piollo e a pulga", soaron versos de Rosalía e de Uxío Novoneyra, chegou unha "linda ratiña de Compostela,vimos tamén á "Tia Lambida"; con Avelino Cachafeiro descubrimos como xurdiu a muiñeira de Chantada ;bailamos o "move rock "e "A roda".Como non podía ser doutro xeito, rematamos o festival cantando todos xuntos o Himno Galego, acompañados de dous gaiteiros de categoría, Carlos e Carolina.

Logo do festival e do recreo, acudimos á Biblioteca do cole, onde membros da ANPA entregaron os premios do Certame Literario e Artístico, que este ano tiña por lema As nosas aldeas.Houbo traballos ben fermosos.

Tamén alí se entregaron os premios do Concurso de Reciclado organizado pola Aula de Medio Ambiente do cole.Non deixa de sorprendernos cada ano o traballo, a creatividade da nosa comunidade escolar. Graciñas a todos por participar.

Xa para rematar , na tarde de hoxe, algúns nenos e nenas do cole (e dos demáis coles da localidade),acudiron ao Liceo para recitar poesías, contos , dramatizacións...Membros do colectivo poético Alalá tamén recitaron as súas poesías.Os Suplentes, gaiteiros da vila, animaron este festival.