Coincidindo coa chegada da primavera, celebramos cada ano o Día da poesía. Se clicades na imaxe, podedes atopar cousas interesantes relacionadas con este día.
miércoles, 20 de marzo de 2013
DÍA DA FELICIDADE
Hoxe, por primeira vez, celebramos o Día Internacional da Felicidade, unha aspiración é un obxectivo humano fundamental. Un "olé " moi forte para todas aquelas persoas que fan cousas , na medida das súas posibilidades, para que os demais teñan motivos para rir e ser felices.
lunes, 18 de marzo de 2013
UN POUCO DE PLÁSTICA
Estamos preparando unhas fotos para o blog da sección bilingüe cos nosos últimos traballos de plástica : Miró, Maruja Mallo, Frida Khalo. Mentras tanto aquí tedes un avance das nosas incursións no mundo das artes.
Etiquetas:
ART,
FOTOS,
FRIDA KHALO,
MARUJA MALLO,
MIRO
domingo, 17 de marzo de 2013
PARA PASAR UN RATIÑO
Lendo cousas fermosas en Psicóloga Emocional , atopei este video. E un contiño sinxelo, e espero que vos guste.
martes, 12 de marzo de 2013
VISITA DOS BOMBEIROS
Os bombeiros pasaron polo cole, para explicarnos como podemos coidar os nosos bosques , evitar os incendios e como fan para apagalos. Tamén nos puñeron a funcionar o amión coa moto-bomba. foi moi divertido.
viernes, 8 de marzo de 2013
VISITA DA ESCOLA INFANTIL
Hoxe recibimos a visita dos alumnos da Escola Infantil Barosa, acompañados dos papás e das súas mestras. Recibímolos cunha fermosa canción que nos preparou Marita e representamos para eles unha obriña "Pretty Ritty" (A ratiña Presumida). Creo que saiu moi ben e os pequen@s da Barosa estiveron moi atentos.
Para que recordasen este día, agasallámolos coa casa da ratiña, unhas escobiñas para cada neno/a e o conto en inglés e galego. Como sempre, eles sorprendéronnos cunha manualidade ben fermosa: unha cestiña con ovos e saíndo dun cascarón , o poliño Pepe. Quero dar as grazas a todos os mestres/as que colaboraron na realización destas actividades, pintando, recortando, traballando co ordenador..Así dá gusto traballar!!

jueves, 7 de marzo de 2013
DÍA DA MULLER
O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Os nenos e nenas de 3º estamos a investigar na pintura de mulleres como Maruja Mallo ou Frida Khalo. Ademais , dende o Concello organizaron unha actividade sobre as mulleres e a música. Estiveron na clase e poidemos comprobar que homes e mulleres poden facer música con calquera instrumento e tamén disfrutar escoitándoa. Para complementar esta actividade, estamos convidados o próximo día 20 a unha actividade conxunta con outros coles. Seguro que será unha grata sorpresa.
lunes, 4 de marzo de 2013
MARUJA MALLO
Nesta semana celebramos o Dia Da Muller. En plástica durante este trimestre estamos traballando a diferentes artistas ( Picasso, Miró ) e pensamos que sería boa idea investigar agora sobre algunha pintora.Xurdiron nomes como Maruja Mallo e Frida Khalo. Podemos ir botando unha ollada a estes vídeos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)