miércoles, 30 de marzo de 2011

SEGUIMOS CON VISITAS








Estamos encantados. Logo da exposición de Xairo, o xoves contamos na nosa clase có equipo de científicos do cole (nenos e nenas de 3 anos, Daniel e Leila), que nos viñeron facer uns fantásticos experimentos.


Primeiro, nunha bandexa con auga, e axudados por unhas palliñas, conseguimos facer unha impresionante marea, por veces casi parecía un tsunami.


Logo ,cun embudo e unha palliña ensináronnos a facer un chafarís ( un géiser).Por último intentamos facer unhas nubes,cunha botella e auga quente, pero...xa se sabe que os científicos non sempre acertan cós seus experimentos, e este non conseguimos que saíse ben. Outra vez será. Graciñas a este equipo de científicos por ensinarnos os seus coñecementos.




UN NOVO PROFE



Hoxe contamos coa gran axuda dun novo profe, Xairo. Este neno de Secundaria preparou unha exposición en power point acerca dos animais. Como nós imos traballar ese tema, brindouse para expoñerllo aos nenos e nenas de 1º e aceptamos encantados. Gustounos moitísimo. O mellor foi que aprenderon moitísimas cousas sobre os animais e que pasaron un rato moi divertido. O peor....que cando rematou....fíxonos un exame!!!Graciñas por todo Xairo.

DÍA DA AUGA NA BIBLIOTECA

No cole, para celebrar este día, decidimos facer unha serie de actividades na bilioteca. Vimos un vídeo dunha pinga de auga, fixemos exeperimentos, observamos fotos do lago...Se queredes botar unha ollada entrade no blog da biblioteca pinchando no seguinte enlace : Bibliocaxado

martes, 15 de marzo de 2011

DIA MUNDIAL DA AUGA 2011

Pincha nos elementos deste poster e pasarás un rato entretido/a coa auga.

lunes, 7 de marzo de 2011

DÍA DA MULLER 2011


O día 8 de marzo celebraremos o 100º aniversario do Día Internacional da Muller,e a pesar dos evidentes progresos ao longo deste século,todavía temos moito polo que loitar.O lema deste ano é:"Igualdade de acceso á educación, á capacitación, á ciencia e á tecnoloxía:Camiño cara ó traballo decente para a muller"
Fagamos caso a Michelle Bachelet cando di:"Yo misma he visto lo que las mujeres,a menudo bajo las circunstancias más difíciles,pueden lograr para sus familias y sociedades si se les dá la oportunidad.La fortaleza, laboriosidad y sabiduría de las mujeres sigue siendo el recurso mas desaprovechado de la humanidad.Simplemente no podemos darnos el lujo de esperar otros 100 años para liberar todo este potencial"

PREPARADOS PARA A FESTA

Pois, rematados os traxes, quedounos aínda tempo para ambientar os corredores con aires de China, México, Brasil e tribús indias. Tamén, con tempera, escribimos o noso nome cón símbolos chinos e coloreamos a bandeira chinesa.O venres , por fin, logo de merendar os freixós e as orellas, desfilamos no pavillón e bailamos "Chinito de amol", que nos preparou a profe Marita.


miércoles, 2 de marzo de 2011

LIBRO DO ENTROIDO

No blogue de Ana, Aula Tic, atopamos este fermoso libro do Entroido. Co seu permiso, ímolo utilizar,xa que ten moitas actividades interesantes para o alumnado.

REMATAMOS O DISFRAZ

Pois xa que o disfraz está feito, fixemos os complementos: un fermoso paipai cun dragón, un gorriño que decoramos con símbolos chinos e unha trenza.Estas actividades encantáronlles aos nenos e nenas.

domingo, 27 de febrero de 2011

VAI DE CHINITOS




SOTAVENTO


No Parque Experimental de Sotavento está tendo lugar unha interesante exposición: "Con A de Astrónomas.

Logo chega o Día da Muller e ainda queda moito camiño para lograr a igualdade. Nesta exposición, a través dunhas láminas, téntase recuperar e reinvindicar o traballo de moitas mulleres que co seu traballo contribuíron a importantes avances no mundo da ciencia e particularmente na Astronomía.Aproveitade para vela e para disfrutar do Parque.

PREPARAMOS OS DISFRACES

Pois este ano tocounos disfrazarnos de chinitos e chinitas (Pobos do mundo, é o tema para o cole).Xa temos as teas preparadas a agora só queda comezar a coser.Como a exeriencia pasada sirve de moito, este ano collín as agullas cun burato ben grande, para que os nenos e nenas as poidesen enhebrar eles mesmos.Mirade que ben o fan.

martes, 1 de febrero de 2011

A POMBA DA PAZ


A NOSA POMBA DA PAZ





Todos os cursos de E.Infantil e Primaria colaboraron na realización dunha pomba-puzzle (a pomba de Picasso, con materiais de refugallo.




Quedou ben fermosa.Con ela aproveitamos para desexarvos a tod@s que teñades moitos días de PAZ.





jueves, 20 de enero de 2011

ACHÉGASE O DÍA DA PAZ

En Aula Tic atopamos actividades moi interesantes para este día e aquí as deixo para que pasedes un ratiño entretidos/as.

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL



Ten iniciativa, sé responsable e loita por un mañá mellor.

martes, 28 de diciembre de 2010

BO NADAL


Aproveito o mural que temos na entrada do cole para desexarvos a todos e todas unhas Felices Festas.

NADAL CON SEOANE

Todos os cadros de Seoane, que foron facendo os diferentes cursos, quedaron preciosos.Están colocados no patio cuberto e dá gusto velos.Que traballo máis bonito! Tamén quedou moi linda a nosa árbore de Nadal, que adornaron os pequech@s de E. Infantil.Bo Nadal a tod@s.

ESTAMOS DE CUMPREANOS

Xa casi no final do trimestre, celebramos o cumpreanos de Carla, Clara e María. Os nenos e nenas fixeron unha pizza, que saiu riquísima. As mamás trouxeron tiramisú e magdalenas.Todo estaba exquisito e pasámolo fenomenal.Felicidades a todas.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Reciclamos no Nadal





ESte ano estamos moi postos a reciclar.Customizamos uns paquetiños de regalo de propaganda que atopamos para facer adornos para os corredores. Tamén reciclamos o mural das cores secundarias. Fixemos estrelas para os nen@s do 1ºciclo e decoráronas libremente e con moita imaxinación.Quedaron ben lindas!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

LUÍS SEOANE


Para celebrar o centenario do nacemento de Luis Seoane, e animados polo equipo da biblioteca do centro, fixemos uns murais baseados nas súas pinturas, aos que engadimos textos relacionados có Nadal.

CARAMUXO TEATRO







Gustounos moito "Historia dunha semente", de Caramuxo Teatro.Trátase dunha fábula fermosa, sobre a natureza e os cambios que se producen nela. Os actores, con imaxinacion e fantasía, fixéronnos reflexionar sobre a importancia de coidar o noso medio ambiente.

jueves, 25 de noviembre de 2010

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Eu tamén digo non á violencia hacia as mulleres.

domingo, 21 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA

Onte, 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas. O tratado da Convención sobre os dereitos da infancia é un dos máis ratificados a nivel internacional, pero ao mesmo tempo é un dos que menos se respecta e máis se vulnera.Hoxe no Semanal de La Voz de Galicia podíamos ler que " Los menores siguen siendo las victimas silenciosas de la guerra, el hambre y la marginación".Non podemos ignorar isto. Todos debemos coñecer , respectar e defender os dereitos dos nosos nenos e nenas.
Aquí tedes un fermoso vídeo de solidariedade entre compañeiros.Impresiona.Atopeino visitando o blog de Nuria Chinchilla.

sábado, 13 de noviembre de 2010

SIN PALABRAS

Un biquiño moi grande a tódolos nenos "especiais", que nos fan ver que grandes son e que pequenos somos.



E como eu non teño palabras , aquí tedes as de Luis Fonsi.Nunca vos dedes por vencidos.

O CAZO DE LORENZO

Este é un contiño que, con palabras sinxelas e fermosas ilustracións,nos axuda a falarlles das diferencias aos máis pequenos.Cóntanos a historia de Lorenzo, un neno diferente, con dificultades que día a día ten que afrontar para saír adiante.

martes, 9 de noviembre de 2010

OS NOSOS FUNGOS

Este ano, para participar no Concurso de Fungos e Cogomelos decidimos facer dous traballiños. Cunha botella rechea de pedras e unha cartolina elaboramos unha fermosa seta. Polo seu talo colocamos outras setiñas, feitas con paus dos xeados e masa. Pintamos todo con témperas.
Por outro lado, na clase de alternativa, Inés e Carla fixeron un cadro que representaba unha paisaxe. Alí colocaron as súas setas. Fixeron o relevo da paisaxe con pasta de papel.Pintaron con témperas e adornaron os bordos do cadro con folliñas dasque recolleramos para o mural de outono. Pasamolo moi ben facendo esta actividade, ainda que nos deu bastante traballo. O mellor foi que gañamos dous premios. Con eses cartiños mercaremos máis cousas para facer actividades creativas en plástica.

lunes, 8 de noviembre de 2010

A COCIÑAAAR...

Este venres pasado foi o día dos obradoiros de cociña.Os nenos e nenas de 2º fixeron un biscoito riquísimo e nós fixemos unha deliciosa tarta de castañas. Utilizamos a receita da tarta de améndoas que xa fixéramos o curso pasado.É moi sinxeliña. Mezclamos nun cunco 250 g de castañas crudas moídas, 230 g de azucre, un sobre de levadura e 5 ovos. Ao forno uns 45 minutos e listo.Por certo, encantoume o estilo que teñen os nenos e nenas có batedor de varillas.Nótase que xa fixeron algún que outro obradoiro de cociña.

jueves, 4 de noviembre de 2010


Hoxe, 4 de novembro, celebramos por primeira vez o Día da Ciencia en Galego. Este ano está adicado ao astrónomo e matemático galego Ramón María Aller, ao físico escocés James Clerk e tamén a Alfonso X O Sabio.Unímonos a esta iniciativa, xa que estamos plenamente convencidos de que a ciencia en galego é posible e ademáis necesaria.

miércoles, 27 de octubre de 2010

ESTÁ CHEGANDO O SAMAÍN

Falta moi pouquiño para o Samaín. A nosa biblioteca vai collendo un aire diferente. Bruxas, vampiros, cabazas, morcegos...van tomando o seu sitio para quedarse uns días con nós.Hoxe estivemos alí. Aproveitamos para ler un pouquiño e tamén rematamos de pintar un fermoso mural que profes e nenos e nenas doutros cursos xa foran facendo.



E por se alguien se anima, pinchade aquí e atoparedes unhas terrorificamente deliciosas receitas para o Samaín.

martes, 26 de octubre de 2010

PRIMARY AND SECONDARY COLOURS

Para aprender e recoñecer os "Primary colours" fixemos unha actividade de soplado con palliña, utilizando témpera líquida (red ,yellow and blue).Tamén con estas cores, pintaron uns carteis cos seus nomes; logo pegámolas sobre un mural feito cun rodillo, con "secondary colours".
Como actividade de outono pintamos follas secas e estampámolas en folio, utilizando as cores libremente.