domingo, 13 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O pasado venres, día 4 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.Grazas á colaboración da ANPA, poidemos degustar unhas exquisitas castañas, acompañadas de batidos ou auga. (asadas no lume, que boas estaban!!!)Logo, o profe Pedro preparounos uns xogos no pavillon e pasámolo xenial. Tivemos carreiras de sacos, carreira da fogaza, zancos e cordas, o pano, brilé.Ata os profes se animaron a xogar!




jueves, 3 de noviembre de 2011

QUERÉMOSTE MARIAM

Mariam xa leva un mes con nós. Cada día que pasa imos coñecendo máis cousiñas acerca dela. Sabemos que toca o violín, que canta moi ben (ata se apuntou á rondalla)...No cole axúdanos con todo: ensínanos palabras e expresións novas, o mesmo debuxa un mural que fai letras preciosas, cántanos cancións...e sempre ,sempre, cun sorriso encantador. Por todo iso....QUERÉMOSTE MARIAM.




DO YOU LIKE IT?

E outra sesión con Mariam. Cada vez os nenos e nenas teñen máis ganas de falar con ela e preguntarlle cousiñas. Esta vez, coas siluetas das nosas mans , recortadas e pintadas con témpera fixemos unhas árbores . Logo untamos con cores de outono os nosos dediños e fixemos as folliñas.Quedounos moi bonito. E ademáis , Mariam ensinounos unha fermosa canción para aprender os nomes dos dedos en inglés
Démoslle á imaxinación, e transformamos unha "chestnut" que nos pasou a "teacher" Ángeles en superheroe, pop-star, princesa...Pasámolo xenial.E por se fora pouco, os nen@s maiores preparáronnos unhas doces "spiders " que estaban riquísimas. Graciñas.




miércoles, 2 de noviembre de 2011

CONCURSO DOS FUNGOS 2011

Este ano, para o concurso de Fungos decidimos facer un reloxo cun tapacubos. Marian díxonos que en inglés se chama "hubcap"(Canto estamos aprendendo!!).O profe José Mª, deunos unhas ideas para poñer os números e pintalo e puxémonos mans á obra. Levounos varios días, pero non quedou mal...e....YUPI!!!, déronnos un premio.Isto anima para seguir traballando o ano que vén.
Noraboa a tódolos nenos e nenas de Infantil, Primaria e ESO que tamén recibiron premios.

PLANTANDO, PLANTANDO

Antes de que outono nos trouxese a choiva, aproveitamos, como tódolos anos, para ir ao viveiro plantar algunha cousiña. Este curso decidimos plantar carballos, acivros e loureiros.Estivemos moi organizados e rematamos prontiño. Temos que dar as grazas a José Antonio, que nos axudou a regar cando rematamos.Nuns días iremos ver se prenderon.

miércoles, 26 de octubre de 2011

QUE ATENTOS!!

En coñecemento estamos a traballar o corpo humano. Unha vez máis teño que dar as graciñas ás familias e aos nen@s por todo o maaterial que están traendo:libros, vídeos, bonecos, debuxos...Estes días estamos vendo a ratiños os vídeos que trouxo Alex. Aprendemos moito e estamos moi atentos.




miércoles, 5 de octubre de 2011

WELCOME MARIAN

Por fin chegou Marian á nosa clase. Vén de Nueva York, e con ela este ano seguro que imos aprender moito inglés.
Os nenos e nenas estaban moi emocionados. Todos lle querían facer preguntas e esforzábanse por falarlle en inglés. Querían saber cantos anos tiña, de onde viña, cal era a súa cor favorita...
Despois decidiron facerlle uns debuxos para montar un libriño e darllo como agasallo de benvida.
Así conseguimos que tamén Marian se emocionase.
Agora estamos todos ansiosos esperando o próximo día de plástica, para volver a tela con nós.




domingo, 2 de octubre de 2011

LOS PENDIENTES DE LA MAESTRA

Con un pouquiño de retraso, comeza mañá para min o curso .Estaba desexando volver. Para ir comezando, estou lendo estos días "Los pendientes de la maestra", de Mari Carmen Díez Navarro.É unha pequena reflexión de como pensa unha mestra nos nenos, na escola , nas familias e na sociedade de hoxe.Ten un comezo moi bonito(Xa foi publicado en Cuadernos de Pedagogía) e aquí o deixo para que vos animedes a lelo.

Los niños que conozco son como todos los niños, pero son "cada uno". Tienen su aire particular, sus diferencias, sus chispas de sabor exquisitamente distintas a cualquier ota chispa...Unos son bravos, otros son flojos. Unos son calmos;otros ligeros.Unos son habladores;otros callados. Unos son serios y otros son risueños.
Los niños que conozco aún saben inventar un juego a partir de una tela, de un palo o de una naranja. Aún juegan a mamás y papás, a hacer carreras, a la pelota, a excavar hoyos en la arena, a cocinar comidas con semillas y hojas...
Los niños que conozco son de todos los colores. Y ese arco iris de pieles trae brillos de otros lugares, trae ecos de otras voces, trae músicas de otras fiestas, y hasta trae recuerdos de otras historias con sabor a pasado u a futuro caliente.
Los niños que conozco curiosean lo que les pasa cerca, como hacen los niños de todo el mundo. Metiendo los dientes en el pan y en el sueño. Metiendo los pies en los charcos y el barro.Metiendo los ojos en las nubes y los dedos en los agujeros de la vida.
Los niños que conozco vienen a la escuela con los ojos brillantes, con las ansias abiertas, con las ganas en ristre. Y aprenden soñar, a estar con otros, a decirse.
Aprenden a construir castillos, amistades o defensas. Aprenden a leer, a contar, a mostrarse ante el mundo. Aprenden a bailar, a pintar, a hacer teatrillos. Aprenden a discutir, a querer y a empezar a vivir poquito a poco.
Y qué cosas..a mi me gusta verlos, escuchar lo que dicen, y acompañarles a ratos las crecidas.

Pois ben, no meu cole tamén hai nenos e nenas así e a min xa me tarda por velos.

martes, 7 de junio de 2011

O sol e as sombras

Como estamos estudando o Sol , e dado que tiñamos bo día ,decidimos saír ao patio para facer algunhas experiencias.
Primeiro comprobamos como có sol, o noso corpo facçia sombras, que eran diferentes según o momento do día.Falamos, por suposto,dos reloxos solares.
Despois, cun trociño dun carrete vello observamos o sol (Este truco contounolo Daniel, o profesor de tecnoloxía).Comprobamos que non ten raios, como o debuxamos habitualmente, senón que parece unha bola laranxa e amarela , unha bola de fogo.
Por último, observamos como grazas á enerxia so sol se poden mover as aspas dun muíño. Seguiremos facendo máis experiencias.



viernes, 27 de mayo de 2011

VAI BO TEMPO.IMOS PLANTAR

Vou contar un pouco do que fixemos estes días, porque xa me reñeu Estela, por levar unha boa temporada sen poñer ningún traballo novo no blog. Pero é que se achega fin de curso e andamos liados con moitísimas cousas e non sempre hai tempo...Bueno, pois como estivemos có tema das plantas, fixemos experimentos sinxelos na clase.Metemos un caravel branco nun frasco con auga tinguida de azul. Outro metémolo en auga vermella. Comprobamos que pasados dous ou tres días os caraveis cambiaban a súa cor e volvíanse da cor da auga na que estaban. Quixemos ser máis arriesgados e partimos á metade o talo doutro caravel branco.Puxemos cada metade nun dos frascos anteriores. Viase perfectamente nuns días que o caravel se volvía metade azul e metade vermello.
Tamén comprobamos como as plantas necesitaban a luz. A unha plantiña que tiñamos na clase, tapámoslle unha folla con papel albal. Aos poucos días, aínda que a planta estaba ben verde, ao destapar a folla vimos que estaba moito máis blanquiña.


Coa axuda da profe Fina fomos ao horto do cole e plantamos 3 tomateiras nunhas macetiñas e máis 3 matas de frambuesas. Nuns días iremos ver se prenderon e medraron.




E, por último, este xoves fomos xunto cos nenos e nenas de Infantil e 2º, á Casilla do Bañal, onde plantamos un montonazo de buxos, arredor dunhas estacas, que ,cando medren van ter a forma da nosa tartaruga da Aula de Medio Ambiente.

No Bañal aproveitmos para que os nenos e nenas estrenasen a cámara de fotos que gañamos no concurso de reciclado do cole. Mirade que fotos fixeron.Están feitos uns profesionais.




domingo, 8 de mayo de 2011

CONCURSO AS BOLIQUEIRAS

Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º, orientados pola profe Marita, elaboraron un fermoso libro sobre Castelao.O xurado decidiu que debía levar o primeiro premio na súa categoría. Este venres pasado, acudimos ao Alovi, para recoller o noso premio, e, como non, saltamos ben para celebralo..Tamén os pequenos de 4ºde Infantil e os de 3º de Primaria tiveron o seu premio. Noraboa a todos/as.



jueves, 28 de abril de 2011

RECOLLENDO BICHOS

Estamos rematando o proxecto dos animais.Como hoxe tiñamos bo día, saímos ao patio, para recoller bichiños e logo poder miralos nas caixiñas con lupa e no microscopio de animais. Que maneira de correr buscando bichos!!



miércoles, 27 de abril de 2011

A VOZ DA ESCOLA

Hoxe, en "La voz de la escuela", Punset recórdanos un proverbio chino: Dime algo, y lo olvidaré. Enseñame algo y lo recordaré. Hazme partícipe de algo y entonces aprenderé.


Recoméndannos tamén un vídeo de You Tube: Aprender haciendo.Neste vídeo, Punset entrevista a Roger Schank, experto en intelixencia artificial e onde nos conta que é moito máis fácil aprender facendo as cousas que escoitando ao profesor ou lendo o que presentan os libros. A min púxomo a reflexionar e pensar en cousas que teño que cambiar do meu traballo. Por si vos interesa, aquí queda o vídeo.



DÍA DO LIBRO 2011










Para celebrar o Día do Libro o equipo da biblioteca propúxonos facer un intercambio de lecturas entre nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria.Nós fomos hoxe, despois do recreo, ata a biblioteca. Alí estaban tamén os rapaces e rapazas de 3º de ESO. Recitámoslles un precioso poema: "As cores da vida ". Todos leron de maravilla e con moito interese por facelo ben. Logo, os maiores , léronnos un conto que nos gustou moito "Ovos cocidos".Como era interesante, estivemos moi atentos.Quedáronnos gañas de repetir.

domingo, 24 de abril de 2011

FERMOSOS POEMAS

Acabo de leer no blog de Ángeles, remendos, un fermoso poema de Carlos Negro para o Día Mundial do Libro.Animádevos a lelo.

Tamén Digna no su blog fixo unha moi bonita traducción ao galego dun poema de Neruda.Unha lecturiña máis.

E vou seguir abusando das miñas compañeiras, xa que no blog de Inglés podedes escoitar unha canción moi simpática que tamén nos invita a ler (Lea por favor).

viernes, 22 de abril de 2011

E A TI, GÚSTACHE LER?

Ollade este vídeo para ir adiantándonos á celebración, o próximo sábado, 23 de abril, do Día do Libro.

jueves, 21 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DA TERRA 2011

O día 22 de abril celebraremos o Día da Terra.Aínda que é unha labor de sempre, trataremos especialmente neste día de tomar conciencia dos problemas da contaminación, da importancia de conservar a biodiversidade e de buscar solución a problemas medioambientales para coidar a nosa Terra.Seguro que todos podemos facer algunha "acción verde" para colaborar có noso planeta:plantar un árbol, recoller un papel do chan, apagar as luces...¿A que se vos ocurren moitas máis cousas?

CUMPLES 2º TRIMESTRE

Por fin celebramos os cumpreanos do 2º trimestre. Nesta ocasión felicitamos a Laura, Estela, Inés,Ángela e Alex. Como saiu tan ben a vez anterior, quixeron repetir a pizza, e unha vez máis estaba deliciosa. As familias trouxéronnos uns postres riquísimos: rosquiñas, tarta e saborosos batidos. Graciñas ás profes e familias por colaborar e Feliz Cumple.


jueves, 31 de marzo de 2011

XA CHEGOU A PRIMAVERA

DIA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO


Acábome de enterar de que mañá se celebra o Día Internacional da Diversión no traballo,que este ano ten por lema "O humor, un paraugas ante a adversidade".Posiblemente sexa mellor rir que chorar, especialmente agora que o presuposto non da para tanto kleenex así que se vos animades entrade nesta páxina de humor positivo.

miércoles, 30 de marzo de 2011

SEGUIMOS CON VISITAS








Estamos encantados. Logo da exposición de Xairo, o xoves contamos na nosa clase có equipo de científicos do cole (nenos e nenas de 3 anos, Daniel e Leila), que nos viñeron facer uns fantásticos experimentos.


Primeiro, nunha bandexa con auga, e axudados por unhas palliñas, conseguimos facer unha impresionante marea, por veces casi parecía un tsunami.


Logo ,cun embudo e unha palliña ensináronnos a facer un chafarís ( un géiser).Por último intentamos facer unhas nubes,cunha botella e auga quente, pero...xa se sabe que os científicos non sempre acertan cós seus experimentos, e este non conseguimos que saíse ben. Outra vez será. Graciñas a este equipo de científicos por ensinarnos os seus coñecementos.




UN NOVO PROFE



Hoxe contamos coa gran axuda dun novo profe, Xairo. Este neno de Secundaria preparou unha exposición en power point acerca dos animais. Como nós imos traballar ese tema, brindouse para expoñerllo aos nenos e nenas de 1º e aceptamos encantados. Gustounos moitísimo. O mellor foi que aprenderon moitísimas cousas sobre os animais e que pasaron un rato moi divertido. O peor....que cando rematou....fíxonos un exame!!!Graciñas por todo Xairo.

DÍA DA AUGA NA BIBLIOTECA

No cole, para celebrar este día, decidimos facer unha serie de actividades na bilioteca. Vimos un vídeo dunha pinga de auga, fixemos exeperimentos, observamos fotos do lago...Se queredes botar unha ollada entrade no blog da biblioteca pinchando no seguinte enlace : Bibliocaxado

martes, 15 de marzo de 2011

DIA MUNDIAL DA AUGA 2011

Pincha nos elementos deste poster e pasarás un rato entretido/a coa auga.

lunes, 7 de marzo de 2011

DÍA DA MULLER 2011


O día 8 de marzo celebraremos o 100º aniversario do Día Internacional da Muller,e a pesar dos evidentes progresos ao longo deste século,todavía temos moito polo que loitar.O lema deste ano é:"Igualdade de acceso á educación, á capacitación, á ciencia e á tecnoloxía:Camiño cara ó traballo decente para a muller"
Fagamos caso a Michelle Bachelet cando di:"Yo misma he visto lo que las mujeres,a menudo bajo las circunstancias más difíciles,pueden lograr para sus familias y sociedades si se les dá la oportunidad.La fortaleza, laboriosidad y sabiduría de las mujeres sigue siendo el recurso mas desaprovechado de la humanidad.Simplemente no podemos darnos el lujo de esperar otros 100 años para liberar todo este potencial"

PREPARADOS PARA A FESTA

Pois, rematados os traxes, quedounos aínda tempo para ambientar os corredores con aires de China, México, Brasil e tribús indias. Tamén, con tempera, escribimos o noso nome cón símbolos chinos e coloreamos a bandeira chinesa.O venres , por fin, logo de merendar os freixós e as orellas, desfilamos no pavillón e bailamos "Chinito de amol", que nos preparou a profe Marita.


miércoles, 2 de marzo de 2011

LIBRO DO ENTROIDO

No blogue de Ana, Aula Tic, atopamos este fermoso libro do Entroido. Co seu permiso, ímolo utilizar,xa que ten moitas actividades interesantes para o alumnado.

REMATAMOS O DISFRAZ

Pois xa que o disfraz está feito, fixemos os complementos: un fermoso paipai cun dragón, un gorriño que decoramos con símbolos chinos e unha trenza.Estas actividades encantáronlles aos nenos e nenas.