sábado, 28 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER



O día 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller. Dende o concello organizaron actividades para os escolares. A nós viñéronnos contar unha historias moi divertidas que nos fixeron reflexionar sobre o tema.

Despois na clase limos un libro fermoso que nos recomendou a profe Dulce e que nós vos recomendamos a todos:O LIBRO DOS PORCOS, de Anthony Browne.Tedes aquí unha imaxe da portada do libro.Observándoa e logo de ler o libro, os nenos e nenas decían cousas como estas:

David: Os fillos e o pai están subidos enriba da nai.

Angela: Porque a nai sempre carga con todo.

Carme: E á nai pésanlle moito!

David: Ela parece a máis traballadora.

Angela: A min o libro gustoume, pero cando apuraban á nai non me gustou nada.

Carmen: A min non me gustou tampouco daquela.Non hai que apurar tanto ás nais, aínda que chegaran un pouco tarde á escola. Ao final, o libro gustoume moito.

Dani: Gustoume todo, porque eles eran uns porcos.

Andrea: As páxinas en que non facían nada non me gustaron, pero as outras gustáronme moito.

David: Gustoume o final, porque colaboraron todos.

Antonio: A min gustoume máis o final ca o principio.

Loli: A min encantaríame que de maiores seguirades todos e todas pensando así.


No hay comentarios: