Aquí tedes as fotos da actividade que fixemos hai dúas semanas en plástica.Con pasta de sal fixemos unha "plastilina ecolóxica". Logo modelamos uns corazóns, que aproveitamos para o día de San Valentín.Se queredes practicar, a receita e ben sinxela: dous vasos de fariña, un vaso de auga, un vaso de sal e dúas ou tres culleradas de aceite.Amasamos ben ata que non se pegue aos dedos e...A MODELAR. Se ademáis engadides colorante na auga, conseguiredes plastilina de diferentes cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario