jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Todavía hoxe casi 800 millóns de persoas carecen de acceso á auga potable.Nas nosas mans está poder facer algo e acadar para todos o dereito á auga.

No cole levamos a cabo dúas iniciativas moi interesantes. A teacher Angeles preparou uns experimentos para facer con cada un dos grupos ( de Infantil e Primaria), de xeito que aprenderon moitas cousas sobre a auga , ao tempo que incrementaron o seu vocabulario de Inglés. Podedes ver imaxes no seu blog Up and Away.

Por outro lado, Carmen, a profe de Bioloxía de Secundaria, preparounos outros experimentos para facer no laboratorio. Fomos xuntos 1º e 2º. Contamos cuns axudantes de excepción, catro alumnos de Secundaria: Pilar, Pablo, Edgar e Claudia.Son uns profes estupendos e as experiencias quedáronnos clarísimas. Graciñas a todos.





3 comentarios:

Teachers dijo...

Que boa experiencia! Encántame ver aos nenos de secundaria ensinandolles cousas tan interesantes aos nenos de primaria.
Graciñas á profe Carmen que sempre colabora nestos experimentos.

Teachers dijo...

Que boa experiencia! Encántame ver aos nenos de secundaria ensinandolles cousas tan interesantes aos nenos de primaria.
Graciñas á profe Carmen que sempre colabora nestos experimentos.

Ana Martínez dijo...

¡Qué fantásticas experiencias! Seguriño que aprenderon un montón. A mi tamén me gusta ver aos maiores facendo de "profes" dos pequenos. Unha aperta.