Que rápido se nos pasou o tempo! Parece que foi onte cando chegou e xa se nos marcha Marian. Os nenos e nenas estaban nerviosos e emocionados, cunha grande mestura de sentimentos. Dunha banda estaban tristes pola marcha de Marian, xa que a queren moito, e por outro sentíanse contentos porque están seguros de que vai volver o vindeiro curso. Foi un ano moi proveitoso: fixemos actividades de Plástica moi divertidas, aprendemos vocabulario e a usar algunhas expresións en inglés, cantamos, xogamos, dímonos moitos bicos e apertas....Marian, aquí no noso corazonciño, tes un sitio para sempre. Moitos bicos. Bye, bye and see you soon.
4 comentarios:
Cánto imos votar de menos a Marian! Foi unha experiencia maravillosa para os nenos/as e o profesorado que compartimos con ela tantos momentos ao longo destes meses. Un biquiño para ela e un ata pronto.
See you next school year, Marian!
Sempre da moita mágoa despedir a alguén pero pensade que o próximo curso voltará a estar convosco. Un saúdo.
No queremos que te vallas Marian
Loli esta foto es muy guay.
Publicar un comentario