Hoxe, a mestra de 4º e os seus alumnos, invitáronnos a unha charliña sobre as abellas. Uns papás moi amables, moi coñecedores da apicultura, contáronnos cousas moi interesantes. Trouxéronnos unha abellas reais, e poidemos ver moi ben as súas partes; tamén nos ensinaron unha roda moi grande de cera, un panal, o traxe do apicultor...Pasamos unha hora estupenda e aprendemos moito. Graciñas a todos.
1 comentario:
É ben certo que botamos unha hora ben entretida e aprendendo moitas cousas. Grazas á clase de 3º por achegarse a compartir con nós.
Publicar un comentario