A Coordinadora Galega de ENDL preparou un interesante traballo sobre Xosé Mª Díaz Castro, autor homenaxeado este ano con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Se clicades na imaxe atoparedes a súa biografía, así como diferentes materiais e enlaces.
Podemos escoitar tamén algo de música. Este é un poema de Xosé Mº Díaz Castro, interpretado por Fuxan os ventos, e con recitado do propio poeta.
Ana, no seu blog Aula Tic, deixounos este fermoso conto . Lerémolo na clase .
2 comentarios:
Moi boa recopilación, Loli. Graciñas pola mención. Aos meus nenos gustoulles moito o conto, espero que aos teus tamén. Unha aperta.
Unha entrada completísima para coñecer a Xosé Mª Díaz Castro.
Moitos bicos.
Publicar un comentario