O día 6 de xuño fixemos a nosa saída de fin de curso. Este ano, visitamos o museo de Brañas de Valga, e a Granxa de Xanceda, no concello de Mesía.
As dúas visitas foron moi interesantes. No Museo , que estaba moi ben organizado e que nos ensinou unha guía estupenda, aprendemos como era o traballo nas brañas, nas barreiras de onde se extraía o barro e como este era tratado ata que chegaba ás nosas casas en forma de olas, tellas...
BRAÑAS DE VALGA - Movie Maker
Logo, na Granxa de Xanceda, puidemos darlle o biberon aos cuxiños, peinar aos ponis e ás cabuxas, comprobar como se muxían as vacas... Mirade, mirade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario