O xoves estiveron con nós os nenos e nenas de 4º e a súa mestra Berta. Eles traballaron en grupo diferentes tipos de animais e viñeron presentarnos as súas investigacións. Nos vos podedes imaxinar que ben o fixeron!!
Faláronnos da cebra, dos golfiños, dos leóns e das cobras. Logo os nenos e nenas de primeiro fixéronlles moitas preguntas. Foron moi esixentes, pero a alumnado de cuarto soupo saír airoso deste duelo de interrogacións.
Que rato máis chulo pasamos! Graciñas aos nen@s e a Berta e esperamos contar con eles noutra ocasión.
1 comentario:
Seguriño que foron uns grandes mestres e que disfrutáchedes todos moitísimo. Unha aperta.
Publicar un comentario