Este venres pasado, xa que estamos rematando o proxecto dos alimentos, decidimos facer unhas ricas orellas de Entroido. Axudounos a profe Blanca. Seguimos esta receita:
-A medida dun vaso pequeno de anís.
-1 vaso pequeno de auga.
-1 vaso pequeno de aceite de xirasol.
-2 ovos.
-A reladura dun limón.
-Un chisco de sal.
-Fariña ( a que admita a masa)
-Azúcar glace
Preparamos a masa a primeira hora e deixámola repousar. Cando chegou a profe Blanca, axudounos a estiralas para logo fritilas. Ao sacalas da tixola, botámoslles azúcar glace por riba. Os nenos e nas de segundo tamén nos axudaron a facer unhas pouquiñas.
Sairon boísimas!!!! Fixemos unha boa fonte delas e non quedou ningunha.
Agora, a polos freixós...
3 comentarios:
Sodes uns cociñeiros de primeira. Gárdome a receita. Unha aperta.
Dou fe de que estaban ben ricas!!!!. Hai que facelas outro día!!!!. Graciñas por convidarnos.
De tan boas que estaban non quedou nin unha siquiera... Para a proxima vez avisade con tempo que eu apúntome a comer esas ricas orellas!
Bicos da "teacher"
Publicar un comentario