Como xa levábamos un tempiño sin cociñar, puxémonos mans á obra para facer unhas ricas trufas.Aquí deixamos a receita por si vos interesa:
Ingredientes:
- Un paquete de galletas (200 g.)
- 8 culleradas de leite condensado
- 50 g. de manteiga
- 1 chorro de zume ( eu na casa bótolle un chorriño de cointreau)
- 2 culleradas de cola-cao
- Fideos de chocolate
Elaboración:
- Esmagamos as galletas no pasapuré.
- Derretamos a manteiga nun cazo.
- Poñemos todos os ingredientes nun cunco.
- Remexemos cunha culler ata ter unha masa espesiña e deixamos enfríar un pouco na nevera.
- Facemos bólas pequenas coa masa.
- Espolvoreamos as bólas nos fideos.
- Metémolas un pouco no conxelador e listas para comer.
Mirade que ben nos quedaron. Non nos duraron nada. Estaban ben ricas!!!
Poñeremos máis fotos de todo o proceso no noso blog da sección bilingüe Learning with you. Clicade no nome e atrevédevos a botar unha ollada.
1 comentario:
Que boa pinta ten iso! Mmmmm
Publicar un comentario