Chegou a excursión de fin de curso. Este ano decidimos ir a Padrón, visitar a casa de Rosalía. Tamén pasamos un ratiño no xardín botánico de Padrón.
Logo collemos o tren para ir ata Santiago. Que emocionante!! Encantounos a viaxe e cando baixamos xa algúns estaban desexando volver a montar no tren.
Como o tempo estaba un pouco regularciño, fomos tomar o xantar a Área Central, onde o pasamos estupendamente.
O autobús levounos ao centro de Santiago. Comemos uns xeados e fomos ver os arredores da Catedral. Levamos un fantástico guía, Ángel, que nos contou moitas cousas interesantes. Con el descubrimos a Fachada do Obradoiro, Platerías, a Porta Santa...
Quedámoslle moi, moi agradecidos.
1 comentario:
Vese que disfrutaron moito da excursión. Unha aperta.
Publicar un comentario