O Día das Letras Galegas, acudimos ao Liceo, para recitar e expoñer os nosos traballos relacionados con Manuel María. Comezou a tarde con Música do grupo de gaitas Alfaia. Logo os nenos e nenas dos diferentes coles fixeron os seus recitados. a continuación, algúns membros do grupo poético Alalá, leron poesías de Manuel María, xunto con outras de elaboración propia. Rematamos coa música de Alfaia e acompañámolos cantando o himno galego. Cynthia e Érika emocionáronnos có seu traballo sobre o seu bisavó, Xosé Luís García Mato, gran poeta e bo amigo de Manuel María. Saúl mantívonos moi atentos mentres nos lía, en Braille, o seu poema. Remataron a actuación do noso cole, as alumnas de 1º da E.S.O.: Mireia, Alicia, Silvia e Carmen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario