domingo, 26 de marzo de 2017

DÍAS DA POESÍA, DA ÁRBORE, DA AUGA.

Cantos día temos para festexar? Pois imos facer unha mestura de todos eles. En galego, coa profe Marita,  traballamos poemas que tiñan que ver coa auga e logo copiamolos e decorámolos . Tamén escribimos  cousas relacionadas con auga nunhas pinguiñas para poñer na árbore do patio.  Xa estaba moi chula, porque os alumn@s de 1º e 2º fixeron unhas froitas e unha flores ben bonitas.
Tamén fixemos na clase e coa profe Fina, moitos experimentos con auga. Ata fixemos maxia e conseguimos facer desaparecer unha moeda!!!
Por último, aproveitamos unha xornada de sol, para facer unha plantación de sementes variadas: caléndula, berros, perexil, albahaca...
Non paramos!!

Aquí tedes outra mostra do noso traballo


A árbore non quedou nada mal.




lunes, 20 de marzo de 2017

QUE FANTÁSTICOS MESTRES!!

Un grupo de alumnos de 1º da ESO, convidáronnos a presenciar o traballo que elaboraron para estudar o espacio. Foi unha xornada moi entretida . Contáronnos os pros e os contras de traballar en equipo e amosáronnos as maquetas que realizaron. Gustounos moito, e eles explicáronse moi ben. 

martes, 14 de marzo de 2017

COÑECENDO PINTORES

Neste segundo trimestre, na sección bilingüe de plástica, coa profe Ángeles, estivemos traballando diferentes pintores: Mary Cassat, Keith Haring. ..Descubrimos tamén , que hai un importante colectivo de artistas ponteses. Todos nos gustaron moito e decidimos empezar a traballar  cós cadros de MIRI FRANCO. Aquí tedes unha pequena mostra, pero podedes ver máis fotos no blog da seción bilingüe Learning with you.


lunes, 13 de marzo de 2017

XOGOS MATEMÁTICOS

Un rato entretido facendo torres cós nosos xogos matemáticos.


domingo, 12 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER 2017

Dende o Concello, ofertáronnos unha bonita actividade par celebrar o Día da Muller. Dúas fantásticas científicas pasaron polo cole . Faláronnos de moitas mulleres científicas moi, moi importantes. Logo ensináronnos un montón de experimentos, sobre electricidad estática, densidades, rotación... Como podedes ver, pasamos un rato moi divertido.