Cantos día temos para festexar? Pois imos facer unha mestura de todos eles. En galego, coa profe Marita, traballamos poemas que tiñan que ver coa auga e logo copiamolos e decorámolos . Tamén escribimos cousas relacionadas con auga nunhas pinguiñas para poñer na árbore do patio. Xa estaba moi chula, porque os alumn@s de 1º e 2º fixeron unhas froitas e unha flores ben bonitas.
Tamén fixemos na clase e coa profe Fina, moitos experimentos con auga. Ata fixemos maxia e conseguimos facer desaparecer unha moeda!!!
Por último, aproveitamos unha xornada de sol, para facer unha plantación de sementes variadas: caléndula, berros, perexil, albahaca...
Non paramos!!
Aquí tedes outra mostra do noso traballo
1 comentario:
Ola Chicos!! Encántame poder seguiros e ver que facedes cousiñas tan chulis. O dos xogos matemáticos está xenial, non perdades nunca o vosa esencia e esa creatividade que xa vexo que sigue sendo alimentada.
Moitos biquiños.
Publicar un comentario