Esteano, en vez de facer o Festival das Letras Galegas que soíamos facer, decidimos argallar unha semana cultural con moitas actividades:
-En Infantil fixeron uns murais preciosos.
-O alumnado de 1º , xunto coa súa profe Concha, fixeron unha magnífico vídeo a paratir do conto A galiña Azul de C. Casares.
-Os Superheroes de 2º deixáronnos asombrados coas súas dotes para o baile.
-Nós, xunto cós compis de 4º preparamos unha obriña Instrucciones para hablar gallego (Seche Sende) e preparamos o baile A Carolina, a ritmo de rap.
-O alumnado de 5º, ensináronnos a biografía de Casares e representáronnos "O can Rin e o lobo Crispín . En 6º escolleron para mostrarnos "Os inventos Noxentos".
-En Secundaria , prepararon moitas actividades: podcast, lectura de libros, farsas inventadas por eles, caricaturas...
Podedes ver todos estes traballos na páxina do cole. Clicade aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario