Chegou decembro e o espíritu do Nadal enche os nosos corazóns. Ata o cole chegou o Elfo Larry, procedente dos EEUU. É moi argalleiro. Cada día escóndese nun lugar e temos que atopalo. Ademáis temos que estar atentos aos seus mandados. Uns días ponnos adiviñas, outro temos que entrar na clase dando dous saltiños, outro temos quedarnos apertas.... Este Larry é moi imaxinativo.
O día 19, xuntámonos no pavillón e cantamos as panxoliñas que tiñamos preparadas. Cantamos en galego, castelán, inglés..e...Tivemos un pequeniño problema coa canción de francés. Pero, ao día seguinte, na xornada de animación preparada pola ANPA, poidemos representala. Quedounos super ben. Menudo acento francés que temos. Tamén adobiamos o cole e ata veu Papá Noel facernos un pequeno agasallo. Graciñas á ANPA pola súa colaboración.
Podedes ver un resumo de todas as acitividades premendo aquí, nesta estupenda estupenda presentación coa que dende o cole, profes e alumnos vos desexamos a todos unhas
FELICES FESTAS E BO NADAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario