martes, 12 de mayo de 2009

A CLASE DE 4 ANOS

Cando rematamos a plantación de árbores, aproveitamos para pasar pola clase de 4 anos. Ali os nen@s e a profe Pamen, ensináronnos uns pitiños preciosos que trouxera María. Que risa! En canto os sacou da caixa e os puxo na mesa para que os viramos empezaron a....facer caquiñas e había que limpar todo. Logo vimos unha planta que nos chamou moito a atención, o Amarilis, unha fermosa planta de bulbo.Foi unha xornada moi aproveitada.

1 comentario:

Carmen dijo...

Ola a todos!
Dixo María que os pitiños xa teñen cresta e están moi crecidos. Van ser unha boas galiñas poñedoras.
Un bico
Carmen