miércoles, 17 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CARIÑO

O día 11 de xuño fomos de excursión a Cariño. Como moitas outras veces compartimos viaxe cos nenos e nenas de 2º curso e a súa profe Fina. Tamén nos acompañaron os profes Pablo e Digna que,ademáis de axudarnos, fixeronnos pasar moi bos ratos.

Cando chegamos a Cariño, embarcamos no Aula do Mar e José Miguel explicounos como funcionaban os chaleques salvavidas POR SI ACASO. Explicounos cousas moi interesentes:

-As rochas que estábamos vendo parece que son das máis antigas do mundo.

-Podemos ver moitas aves mariñas, como gaivotas e cormoráns.Estaban moi simpáticas enriba das rochas poñendo a súa plumaxe a secar.

-Pasamos polos Tres Aguillóns e pasamos do mar Cantábrico ao Océano Atlántico. Alí si que se movía un pouquiño máis o barco.

-Chegamos ata o Cabo Ortegal e vimos o faro dende o mar.

A viaxe en barco foi preciosa, as vistas son impresionantes e a única pega que temos e que se nos fixo moi curta a estancia no barco. Estamos dispostos a repetir.



No hay comentarios: