lunes, 6 de septiembre de 2010

O VENRES COMEZAMOS

O venres día 10 comenzamos as clases.Despido con agarimo a uns nenos e nenas que durante dous anos foron medrando no meu corazón...e con ilusión e nervios espero ansiosa coñecer ao novo grupo de alumnos, que tamén alí irán ocupando o seu sitio:Iker, Estela, Jesús, María, Juan, Alex, Ángela, Inés, Anxo, Carla, Laura e Clara. Espero tamén poder entrar nas súas mentes, poderlles falar aos seus corazóns , entender as súas emocións...Paréceme mentira, pero cada ano que pasa, en vez de estar máis tranquila, estou máis nerviosa. Por que será?

2 comentarios:

Oliva dijo...

En primeiro lugar quero darlles a Benvida ao cole a estes nen@s de primeiro de Primaria que xa forman parte do grupo dos maiores. En segundo lugar gustaríame felicitar a súa profe porque sei que vai ter a sorte de disfrutar dous anos destes nen@s aos que coñezo moi ben e que estou segura que entrará sen dificultade no seus pequenos e a mesmo tempo grandes corazóns.

Un bico moi forte a cada un de eles.

Loli Prieto dijo...

Se cando pasen os dous anos se lembran de min como agora de ti, doume por contenta. Bicos Oliva.