miércoles, 9 de mayo de 2012

MÁIS SOBRE AS FORZAS

Pois xa comezamos có tema das forzas. Primeiro fixemos unha pequena asamblea. Todos os nenos e nenas estaban convencidos de que as forzas tiñan algo que ver con ser moi fortes e moi musculosos. Logo pasamos a experimentar con forzas.Probamos a deformar papeis , telas...Tamén empurramos cousas e vimos que ás veces conseguíamos movelas e outras veces non. Tiramos polas mesas da clase, empurramos con forzas enfrentadas...Foi moi divertido.
Para rematar collemos os imáns e vimos con que forza se atraían ou repelían e como eran capaces de mover pequenas cousas (Clips), sen ter contacto con elas.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que mañá máis divertida e productiva! Non hai mellor xeito para aprender os conceptos que facendo traballo de campo. Parece que lles quedaron moi clariñas conceptos tan abstractos como forzas encontradas, suma de forzas, ... Da gustiño velos. Unha aperta.