Esta mañá asistimos ao espectáculo de ODAIKO PERCUSSION GROUP no Auditorio Alovi. Nesta ocasión os membros do grupo entraban nas escolas para escenificar un percorrido musical , dende os inicios da humanidade ata o home moderno. Foi un espectáculo moi interesante,no que os nen@s estiveron en todo momento atentos e amosando curiosidade polas actuacións do grupo. Un concerto moi creativo e moi adaptado ás idades do alumnado. Felicitamos e damos as grazas ao Concello por ofertarnos este tipo de actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario