Daba gusto ver hoxe o cole. Todos xuntos, Infantil, Primaria e Secundaria, festexando a Paz. Bótanse de menos estas ocasións nas que todos temos algo que compartir. O profe José Mª debuxou unha estupenda pomba na pista do pavillón e o profe Pedro Puxo a sinalización para que cada curso poidese entrar e colocar sobre esta silueta un taponciño branco ( dos que estamos a recoller nas clases para os nenos/as con enfermidades "difíciles"). Quedou estupenda!! Logo cantamos as cancións que nos ensinou Marita , a profe de música. O alumnado de Secundaria, cantou tamén unha bonita canción en francés. Todos a coro cantamos para pedir que a Paz no mundo sexa unha realidade.
3 comentarios:
Tivéchedes unha fantástica celebración da Paz. Que os bos desexos duren todo o ano! Unha aperta
Que bonito quedou estaba precioso os nenos tamen colaboramos.Adeus e unha aperta.
JoseMaria pinta moy ven a fixo unha paloma moy bonita.
Pero o malo e que nos tocou a nosoutros limpiar o pavellon.
Un bico estelita linda linda
Publicar un comentario