Chegou por fin a hora de celebrar o Antroido no cole. Este ano fixemos un disfraz sumativo, económico e ecolóxico. O luns trouxemos zapatos de distinta cor ou con lazos; o martes engadimos uns calcetíns rechamantes, cos pantalóns remangados; o mércores con paxariña (que chulas quedaban feitas con bolsas); o xoves fixemos no cole uns fermosos gorriños cunhas melenas feitas con bolsas do lixo; e finalmente o venres xa chegamos ao cole vestidos e ben pintadiños. Menudos pallasos!!!!
Como sempre, á hora do recreo comemos as orellas (graciñas a todos os membros da ANPA) e os freixós (graciñas ao Concello). Despois, no pavillón cantamos unhas cancións , con baile, en homenaxe a Miliki e desfilamos cos nosos disfraces. Foi unha xornada estupenda.
2 comentarios:
Pero que guapísimos estabades todos! Quedouvos un disfrace ben bonitiño. Unha aperta.
loli quien es esa
Publicar un comentario