lunes, 24 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Esta semana celebramos dous días moi importantes: o Día da Árbore (21 de marzo) e o Día da Auga (22 de marzo).
No cole contamos coa presenza dun grupo de persoas do Distrito forestal de Ferrol que nos deron unha charla moi interesante sobre o coidaddo das árbores e da importancia da auga na natureza. Fixemos moitos xogos e foi moi interesante.
Antes de volver para a clase, aproveitamos para transplantar dúas nogueiras. Esperamos agora impacientes para velas medrar!!

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Un boísimo xeito de celebrar dous días tan importantes. Unha aperta.