lunes, 17 de noviembre de 2014

O FABULOSO MUNDO DOS ANIMAIS

Os nenos e nenas de primeiro decidiron aprender moitas cousas, ademáis de todas as que xa saben, sobre os animais. Como temos unha biblioteca fabulosa achegámonos ata alí para buscar libros que nos servirán como fonte de información. Voltamos para a clase con dúas mochilas cheíñas de libros.





Tamén os nenos e nenas trouxeron das súas casas un montonazo de material: vídeos, contos, debuxos, fotografías, bonecos... Estásenos quedando pequeno o noso recanto dos animais.Mirade, mirade!


Logo empezaron a chegar as sorpresas. Saleta trouxonos caracois. Observámolos , collémolos, falamos dos usos da baba do caracol...


O luns tivemos unha visita moi especial. Carla, a tía de Manuel, veu pasar un ratiño con nós. Na pantalla dixital da aula de informática, vimos unha presentación sobre as características dos animais. Estivemos moi atentos e aprendemos todo, todiño.
Pero o mello de todo foi que nos trouxo a súa cadeliña, Nana. Ademáis de ser preciosa, é moi tranquila, porque os nenos non a soltaron nin un momento.
Noutra caixiña viñan dos coelliños; probamos a darlles de comer unhas berzas, pero ou non tiñan moita fame, ou estaban un pouco nervosos con tanto neno.( Os nenos e nenas de segundo e a súa profe Fina, tamén nos acompañaron).
E noutra caixiña estaban uns pitiños pequeniños. Tamén os collemos e ollamos a sua plumaxe. Rímonos moito cando un deles decidiu que xa era hora de facer caca. Uff, Kevin librou polos pelos!!!








MOITÍSIMAS GRAZAS CARLA POR COMPARTIR ESTE RATIÑO CON NÓS.

No hay comentarios: