jueves, 27 de octubre de 2016

LEMOS A ROALD DAHL

Neste curso, celébrase o centenario do nacemento de Roald Dahl. No blog da noso bibilioteca  BIBLOCAXADO, podedes atopar moita información sobre este autor e as súas obras. Animádevos a entrar!!

Nós, na clase, xa lemos "Los mimpins". Pasámolo moi ben, gustounos moito e mesmo hoxe, mentres corríamos pola Fraga, pareceunos ver algún mimpin asomado polo medio das árbores.

Agora imos ler "La jirafa, el pelícano y el mono". Seguro, seguro,  que é igual de divertido.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Moi boa idea. Xa nos contaredes se vos gusta. Un saúdo.