domingo, 29 de mayo de 2016

XADREZ: REMATAMOS POR ESTE CURSO

Rematamos por este curso as clases de xadrez, con Rafa. Resultou unha experiencia interesante, aprendemos, disfrutamos, colaboramos... Xa somos grandes xogadores!! Moitas grazas Rafa, por ensinarnos tanto e ter tanta paciencia con nós. Esperamos poder seguir có xadrez no vindeiro curso.







viernes, 20 de mayo de 2016

PLUMILLAS E BRAILLE

Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos esciribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou  o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.




Saúl estivo na nosa clase, para ler o poema de Manuel María , en Braille, que xa lera no Liceo. Que ben o fixo! Moitas graciñas Saúl.


jueves, 19 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS NO LICEO - 2016


O Día  das Letras Galegas, acudimos ao Liceo, para recitar e expoñer os nosos traballos relacionados con Manuel María. Comezou a tarde con Música do grupo de gaitas Alfaia. Logo os nenos e nenas dos diferentes coles fixeron os seus recitados. a continuación, algúns membros do grupo poético Alalá, leron poesías de Manuel María, xunto con outras de elaboración propia. Rematamos coa música de Alfaia e acompañámolos cantando o himno galego. Cynthia e Érika emocionáronnos có seu traballo sobre o seu bisavó, Xosé Luís García Mato, gran poeta e bo amigo de Manuel María. Saúl  mantívonos moi atentos mentres nos lía, en Braille, o seu poema. Remataron a actuación do noso cole, as alumnas de 1º da E.S.O.: Mireia, Alicia, Silvia e Carmen.



FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos no Alovi o Festival das Letras Galegas. Xunto có alumnado de 3º representamos "Camiñando con Manuel María", unha obriña que descargamos da páxina da Casa Museo de Manuel María, e que adaptamos un pouquiño aos nosos alumnos. Cantamos e bailamos e fixémolo moi be4n. Saiu ben bonita. Noraboa a tod@s os artistas.Aquí quedan algunhas fotos.


miércoles, 11 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Se vos pasades polo blog da nosa biblioteca,  BIBLOCAXADO, atoparedes moitos recursos para traballar na clase e na casa a este gran autor que foi Manuel María.

Alí podedes observar tamén os carteis que elaboramos entre todos os cursos do cole. Todos son preciosos. Este é o que fixemos conxuntamente có alumnado de 3º. Non deixedes de pasar polo blog da biblio para ver os que fixeron os outros cursos. Menudo traballo!! Noraboa a todos e todas.




BOLIÑAS DE CHOCOLATE

O mércores, na hora de alternativa, traballamos o conto de Amalia e Amelia, dúas nenas que, aínda que por fora eran diferentes, por dentro tiñan moitas cousas en común: gustáballes o mesmo cantante, o mesmo postre, as mesmas comidas... Pensamos que era bon tratar de representar isto cunhas boliñas de chocolate e organizamos un obradoiro de cociña para o venres.
 Para facer os nosos doces empregamos:
30 biscoitos alargados ben trituradiños, 15 culleradas de leite condensada, e 300 g de chocolate moido en pó.



Mesturamos todos os ingredientes e  metímolos uns 15 minutos a arrefriar na nevera. Despois fixemos boliñas pequenas e rebozámolas, unhas en azúcar glas e outras en galleta tostada triturada. A unhas chamámoslles Amalias e a outras Amelias. Mirade que chulas quedaron.


Por fora eran diferentes, pero por dentro eran iguales. E tanto unhas coma as outras estaban boísmas, non deixamos ningunha.
 Este contiño e esta actividade, recollémola deste libro:





miércoles, 4 de mayo de 2016

EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL

Hoxe participamos nunha actividade moi interesante e divertida: unha exhibición solidaria da Garda Civil. Xuntámonos no Canle IV, preto do noso cole, uns 2000 nenos e nenas. Todo estaba moi ben organizado : cada grupo de alumnos , ía acompañado dun garda. Poidemos ver e subir nas motos, nos coches, nas lanchas, no helicóptero. Vimos tamén as principais ferramentas que usa a Garda Civil no seu traballo diario, como funciona a policía científica...Pero casi que o que máis nos gustou foi a exhibicion dos cans policías: que maneira de detectar drogas ou explosivos, como participan no rescate de persoas...IMPRESIONANTE.
Aproveitamos tamén para achegar ata a carpa de CÁRITAS, alimentos e produtos de aseo que lle serán entregados a xente necesitada.

Dende aquí queremos felicitar á Garda Civil polo fantástico da súa exhibicion e o pola estupenda organización.

Sinto non ter máis fotos, pero....quedei sin batería!

lunes, 2 de mayo de 2016

PLAN DE AUTOPROTECCION

Rematado o Plan de Autoprotección do  noso cole, só nos queda poñelo en practica. Para formarnos aos profes e personal da comunidade educativa, estiveron con nós un médico, que nos falou de primeiros auxilios, e unha representante de enpresa Previnem, que nos explicou o que teriamos que facer en caso de evacuación do cole ou confinamento no seu interior.


Na clase aproveitamos para ver este vídeo que tedes a continuación. Temos que estar preparados  por si....



viernes, 29 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO EN 2º

Encantounos o libro LIM que fixo o equipo da biblioteca para que poidesemos coñecer un pouquiño máis as aventuras do Quixote!!

E como quedamos con gañas de adentrarnos no mundo de Cervantes, decidimos ir ata a Biblioteca do cole. Menuda entrada, vaia muíño!. Pasámolo estupendamente lendo e posando diante do cartel de Quixote e Sancho.

De paso que iamos ata a Biblio, deixamos na nosa árbore temática o noso libriño "Se eu fose un libro sería..." Mirade as fotos veredes que chulo nos quedou.


jueves, 28 de abril de 2016

EXPLORAMOS O UNIVERSO

Imos comezar a explorar o Universo. No noso blog FRESQUIRECURSOS, temos algún material que podedes consultar.

E sería fantástico que botásedes unha ollada a este proxecto, levado a cabo no CEE Terra de Ferrol. Graciñas por compartilo. Como veredes, non lle falta detalle. Animádevos a explorar!!



sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Feliz Día,  a tod@s os que seguimos soñando imposibles, creendo en valores importantes e sendo un pouco Quixotes no noso corazón. 
El Sueño Imposible   é a letra e a canción da obra teatral D. Quijote de la Mancha. Os versos de "Un sueño imposible" son só unha pequena parte do popular libro de Miguel de Cervantes , pero reflexan as súas profundas inquedanzas. Cantados por Plácido Domingo, soan así de fermosos:




Con fe lo imposible soñar 
al mal combatir sin temor 
triunfar sobre el miedo invencible 
en pie soportar el dolor 

Amar la pureza sin par 
buscar la verdad del error 
vivir con los brazos abiertos 
creer en un mundo mejor 
Es mi ideal 
la estrella alcanzar 
no importa cuan lejos 
se pueda encontrar 
luchar por el bien 
sin dudar ni temer 
y dispuesto al infierno llegar si lo dicta el deber 

Y yo sé 
que si logro ser fiel 
a mi sueño ideal 
estará mi alma en paz al llegar 
de mi vida el final 

Será este mundo mejor 
si hubo quien despreciando el dolor 
combatió hasta el último aliento 

Con fé lo imposible soñar 
y la estrella alcanzar

viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DA TERRA

Moi feliz Día da Terra a tod@s.


Imaxe sacada do blogue  Reciclado y ecología.


domingo, 17 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO EN BIBLOCAXADO

Dende o equipo da biblioteca, estivemos traballando para celebrar este día tan importante:

-Fixemos un mural do Quixote e esperamos que pasedes a velo e faigades unhas fermosas fotos xunto a el.

-Transformamos a porta da biblio nun auténtico muíño manchego ...ou....será un xigante?

-Temos preparados uns recunchos coas novidades que nos chegaron nestes días e tamén outros adicados ao Quixote e Shakespeare. Seguro que vos gustan.

-E se vos apetece facer uns pasatempos ou colorar debuxos do Quixote, atoparades un montón nas cestiñas dos recunchos.

-Elaboramos un lim do Quixote que  podedes atopar se buscades en Biblocaxado esta imaxe( atoparedes alí moitos máis recursos):

-Preparamos un libriño que leva por título Se eu fose un libro sería... Como está en blanco, esperamos as vosas árbores, para encher a árbore temática que temos no patio cuberto. Seguro que discurrides moitas cousas.

-Un grupo de nenos e nenas de Secundaria está a preparar uns contiños para o alumnado do 1º ciclo. Estupendo!!

E non esquezades que:


lunes, 11 de abril de 2016

CONCURSO DE RECICLADO

Como ven sendo habitual nestas datas, participamos no Concurso de Reciclado organizado pola Aula de Medio Ambiente (A.M.A.) do centro. 
Este ano, collemos uns vellos cd`s, e con algunhas das lanas que tiñamos no cole, puxemonos a ganchillar. O resultado foi un vermiño que nos quedou ben churrusqueiro. Mirade.



miércoles, 6 de abril de 2016

A PLANTAR TOMATIÑOS

Déronnos unfermoso agasallo para a clase: un minihorto. Montamos todas as pezas e veredes como nos quedou xenial. Logo puxemos a turba, que viña compactada, nunha tina con auga. Cando xa tiña ben "bebido", mesturámola coa terra, botámola no minihorto e plantamos unhas sementes de tomates cherry. 
Estamos impacientes por ver o que sae de aí.


lunes, 4 de abril de 2016

BENVIDOS HELENA E SUSO

Foi un placer, coma sempre, recibir no cole e Helena Villar Janeiro e ao seu marido, Suso Rábade Paredes. Un placer tamén , escoitar as súas verbas e as súas historias, cheas de amor e tenrura. Que mellor xeito de celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil!!
Esperámosvos de novo.

miércoles, 30 de marzo de 2016

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Na hora de alternativa estivemos lendo este conto:


Como nos gustou moito, aproveitamos para facer a nosa versión en galego. Logo, os alumn@s de 1º e os outros nen@s da nosa clase estiveron moi atentos cando llo contamos. Mirade como nos quedou.


MOITOS DÍAS DE....

Neste mes de marzo tivemos moitos días para celebracións, tanto medioambientais, como literarias e artísticas: Día da Árbore, Día da Auga, Día da Poesía, Chegada da primavera....Aquí queda unha mostra dalgunha das actividades que fixemos con motivo destas conmemoracións:

Que tal este fermoso mural da primavera que fixemos entre todos os cursos de primaria? Aproveitamos tamén para reciclar moitos materiais.



E se mesturamos os días da auga, da árbore e da poesía, resulta que no noso cole choven poemas e medran preciosas plantiñas . Mirade canto traballaron os cursos de infantil e primaria.

Como vedes, todas quedran preciosas. Que me decides das nosas calas?

E aínda nos quedou algún tempo para plantar algún esquexe, uns bulbos e unhas sementes de cabaza.





martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER 2016

PARABENS A TODAS!!!!!


domingo, 28 de febrero de 2016

MIRÓ E GAUDÍ

Na clase de Plástica, seguimos có noso proxecto de pintores. Nesta ocasión tocoulles o turno a Miró e a Gaudí.
Tentamos reproducir uns cadros de Miró e tamén fixemos un collage dun lagarto, ao estilo de Gaudí. Queda aquí unha pequena mostra. O resto das fotos, podédelo ver no noso blog da sección bilingüe Learning with you.





O AIRE

O ano pasado investigamos e fixemos moitos experimentos con auga. Este curso imos facer algún relacionado có aire.
 Xa poidemos comprobar que unha botella que parecía baleira, estaba chea de aire. Por iso, ainda que intentabamos meter una boliña de papel soprando , non eramos quen de conseguilo.


Tamén probamos a inflar un globo dentro da botella . Misión Imposible! Ata que Saleta e Kevin tiveron unha brillante idea:Se lle facemos un burato, o aire que ten a botella seguro que escapa e podemos inflar o globo. Pois mans á obra.



PROBA SUPERADA!! Seguiremos investigando.


jueves, 25 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 celebramos o Día de Rosalía, a nosa grande escritora. Antes deste día, o Equipo da billioteca estivo traballando, para darlle un novo aire e un ha nova decoración á nosa bblio. Esperamos que vos guste.
Logo ese día, estreamos os nosos carnés, a estivemos na biblioteca lendo e escollendo libros para levar para a casa, preferiblemente en galego. Algúns alumnos doutros cursos, leron e recitaron poemas de Rosalía. Foi unha bonita celebración. Poñeremos máis fotos na páxina do cole.






domingo, 21 de febrero de 2016

HORA DE LER, QUE RELAX!!

Que ben o pasamos na hora de ler! Non fan falla máis comentarios. Mirade.


martes, 16 de febrero de 2016

SEGUIMOS CÓ XADREZ

O luns voltou Rafa e continuamos aprendendo como e xoga ao xadrez. Nesta ocasión, fixemos unhas partidas  de peóns nun taboleiro xigante. Rafa anotaba as xogadas. Despois analizábamolas e explicábanos o que fixeramos mal. Tamén aprendemos algo novo: "comer ao peón ao paso", ainda que todavía non nos sae moi ben. Seguiremos practicando.


jueves, 11 de febrero de 2016

ROMERO BRITTO

Encantounos traballar os cadros deste gran pintor brasileño!! Que debuxos máis fermosos e coloridos!. Mirade esta mostra. Os nosos debuxos quedaron tan lindos como o orixinal. coma sempre, publicaremos máis cousiñas de Britto, no blog da sección bilingüe.


E agora a por outro artista. Que vos parece se seguimos con Miró??

sábado, 6 de febrero de 2016

CHEGOU O DÍA

Por fin chegou o día do Entroido e poidemos poñer as nosas "Camisetas Mondrianas". foi un día estupendo. Comemos freixos e orellas, desfilamos no pavillón, bailamos...

domingo, 31 de enero de 2016

LOS GUARDIANES DE LA LLAMA

Que grande tarefa temos por diante! Somos responsables de que a lapa que cada neno e nena leva no seu interior non se apague.!!!

PREPARANDO O ENTROIDO

Xa estamos preparando o Entroido. Este ano estamos a facer un proxecto de pintores, así que xa vos podedes imaxinar de que imos, non si? Pois de cadros. Nós escollemos a Mondrián. Estamos pintando unhas camisetas que nos están quedando xenial. Ademáis facemso uns cadros á maneira de Mondrian espectaculares. Estamos feitos uns artistas. Pronto poñeremos as fotos no blog da sección bilingüe. Aquí tedes un avance:

XADREZ: EMPEZAMOS A XOGAR

Como sempre, os luns, agardamos a chegada de Rafa, para que nos siga ensinando  máiis cousas do xadrex. Como prestamos moita atención e xa aprendemos moito, este último luns xa organizamos unhas partidiñas. De momento só utilizamos os peóns, pero pasámolo estupendamente.


martes, 26 de enero de 2016

CANCIÓNS PARA A PAZ

Estas son as cancións que este ano escolleu a profe Marita e que imos cantar todos xuntos para festexar Día da Paz.







Esta outra que aprendemos na clase, tamén nos gustou moito.


lunes, 18 de enero de 2016

XOGAMOS NA CAPELA

 O día 14 de xaneiro, fixemos unha estupenda saída. Primeiro visitamos o Museo Etnográfico da Capela. Está precioso!!. Moitas cousas xa os coñecíamos, pero outras sorprendéronnos moito.
 Logo dunha pequena merenda, aproveitamos para pasar un rato moi entretido no cole da Capela. Alí, os nenos e nenas do cole, foron os nosos monitores de xogos populares. Que ben o pasamo, e que fantásticos ensinantes tivemos!! Por suposto, as mamásue nos acompañaron e as profes, tamén nos animamos a xogar. Menuda variedade de xogos: os zancos, a corda, a mariola, canicas...
Seguro, seguro,que o curso que vén repetimos.


VISITA CAPELA on PhotoPeach

lunes, 11 de enero de 2016

EMPEZAMOS CÓ XADREZ

Este luns, veu ao noso cole, Rafa, do Círculo Ferrolán de Xadrez. Ensinounos un programa moi divertido para poñernos en contacto con este xogo. A partir de agora virá todos os luns para ensinarnos moitas cousas. Estamos encantados!! Fixádevos nas fotos que atentos estamos. Graciñas ao Concello pola súa implicación nesta actividade.