viernes, 19 de septiembre de 2014

OS NENOS E NENAS DE 1º

Pasamos os primeiros días de curso e xa nos imos coñecendo. Estos son os fantásticos nenos que este ano forman parte do curso de 1º de E. Primaria.


martes, 9 de septiembre de 2014

CANTAMOS OS BOS DÍAS

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO

Pois aquí estamos de novo, comezando un novo curso. Quero mandar un biquiño moi grande aos "meus nen@s" que pasan a 5º, e recibir con moita ilusión e agarimo a estes nenos e nenas de 1º. Para empezar con alegría, deixovos esta foto que atopei navegando pola rede.


jueves, 19 de junio de 2014

UN BICO MOI GRANDE

Rematou o curso, e con él chega o momento de dicir adeus a estes fantásticos rapaces e rapazas que me permitiron acompañalos ao longo de catro anos . Algúns como Manuel, Sergio, Alex, Diego, Carla L. e Naiara levan un pouquiño menos, e outros  como Clarita, Angela ou Guzeguz pasaron pola nosa clase, pero por diferentes circunstancias non puideron quedarse
Noraboa a tod@s por ser tan boas persoas, por ensinarme cada día a ser solidarios, a acoller ao novo alumnado, a respetar as diferencias, a ser tolerante, a ter paciencia.
Graciñas, porque, sen dúbida, vós fostes os mellores mestres.
E agora, como a min non me gustan as despedidas, aquí vos deixo esta fotiño a ver se vos gusta.

lunes, 9 de junio de 2014

IMOS DE EXCURSION

O día 6 de xuño fixemos a nosa saída de fin de curso. Este ano, visitamos o museo de Brañas de Valga, e  a Granxa de Xanceda, no concello de Mesía.
As dúas visitas foron moi interesantes. No Museo , que estaba moi ben organizado e que nos ensinou unha guía estupenda, aprendemos como era o traballo nas brañas, nas barreiras de onde se extraía o barro e como este era tratado ata que chegaba ás nosas casas en forma de olas, tellas...


BRAÑAS DE VALGA - Movie Maker
Logo, na Granxa de Xanceda, puidemos darlle o biberon aos cuxiños, peinar aos ponis e ás cabuxas, comprobar como se muxían as vacas... Mirade, mirade!


miércoles, 28 de mayo de 2014

A ÉPOCA DOS NAVEGANTES

Seguimos investigando na nosa historia. Se clicades na imaxe, pasaredes un rato entretido, ao tempo que aprendedes cousas novas sobre a historia da navegación.


A continuación tedes un libro Lim, no que podedes xogar, aprender e poñer a proba as vosas habilidades e coñecementos sobre o tema.



E , aínda que xa sei que tod@s coñecedes  a este fabuloso navegante, seguro que tamén vos quedan cousas por descubrir da súa vida e das súas viaxes. 




jueves, 22 de mayo de 2014

OS CABALEIROS E OS CASTELOS

Entramos agora no estudo da Idade Media. Seguro que, como sempre, os nenos e nenas de 4º virán cargados de información: libros, debuxos, vídeos...
Por se vos queredes ir ambientando, aquí vos quedán algúns recursos que vos poden interesar.



Aquí tamén podedes aprender moitas cousas sobre a Idade Media, os cabaleiros e os castelos.

Na Idade Media os castelos, onde residían os reis e os nobres,foron moi importantes. se clicades na seguinte imaxe coñeceredes moitas cousas sobre as partes dun castelo.


Estou segura que o nome deste cabaleiro se vos fará ben coñecido. Probade a entrar no seu mundo.

Este seguro que vos soa menos , pero é un personaxe moi curioso e a min sempre me gustou a súa historia. A ver que vos parece.


E como sei que os alumnos/as de cuarto son moi bailaretes, aquí lles deixo unha danza medieval por si se queren animar.



martes, 13 de mayo de 2014

OS ROMANOS

Xa aprendemos moitas cousas dos exipcios, e agora imos a buscar información sobre os romanos. Podemos empezar polo seguinte vídeo:



Neste outro, podedes ver a antiga Roma en 3D.


Seguro que xa sabedes como eran as domus romanas, pero aquí verédelas en máis profundidade.


E aquí temos un pouquiño de todo.



LETRAS GALEGAS 2014

A Coordinadora Galega de ENDL preparou un interesante traballo sobre Xosé Mª Díaz Castro, autor homenaxeado este ano con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Se clicades na imaxe atoparedes a súa biografía, así como diferentes materiais e enlaces.




Podemos escoitar tamén algo de música. Este é un poema de Xosé Mº Díaz Castro, interpretado por Fuxan os ventos, e con recitado do propio poeta.



Ana, no seu blog Aula Tic, deixounos este fermoso conto . Lerémolo na clase .


E, como todos os anos, os compañeiros do Seminario galán, tamén nos deixan este fantástico material.




jueves, 8 de mayo de 2014

AGORA IMOS CÓS EXIPCIOS

Logo de investigar e aprender moitas cousas da prehistoria, adentrámonos agora no mundo dos exipcios. Como sempre, xa temos moita información que os nenos e nenas traen das súas casas. Podemos tamén consultar os seguintes enlaces e seguro que nos divertiremos e aprenderemos moitas cousas.






O conto de Fátima, unha momia moi responsable.




Tamén me gustan moito os Little Einsteins. Coñecedes a Lenda da Pirámide Dourada?



Podedes xogar un pouco e explorar Exipto, se clicades aquí. Se preferides xogar a vestir a unha princesa exipcia, clicade nas palabras destacadas.

lunes, 28 de abril de 2014

PINTURAS RUPESTRES


Este venres, na clase de plástica, pasámolo xenial. Trouxemos da casa diferentes materiais: barro, carbón, azafrán, pemento... e con todo isto, tentamos facer unhas "cave pictures". O que máis nos prestou foi embadurnarnos todos. Aquí tedes unha pequena mostra. Poderedes ver máis no blog da sección bilingüe Learning with you.


CONCURSO DE RECICLADO 2014


Hoxe rematou o prazo para entregar os traballos do Concurso de Reciclado, organizado pola Aula de Medio Ambiente do centro. Algúns nenos fixeron os seus propios traballos, individuais ou en parella. Nós, ademáis fixemos un traballo colectivo.
Cun CD usado que tiñamos pola clase e unha botella de plástico, fixemos uns xarróns, que logo colereamos de verde. Despois elaboramos diferentes flores con materiais reciclados (Foi unha visión moi persoal dos xirasoles de Van Gogh) O resultado podedes velo a continuación.

ENTRAMOS NA PREHISTORIA

Comezamos neste último trimestre, un proxecto sobre a historia de Galicia. Comezamos pola prehistoria. Por equipos traballamos para ver as cousas que xa coñecíamos desta etapa. Logo puxemos os nosos coñecementos en común e pensamos que outras cousas nos gustaría aprender.
Os nenos e nenas puxéronse a traballar e o noso recuncho da prehistoria foise enchendo de información: libros, figuras de "bichos", dinosaurios  (a mamá de Diego modelou un mi chulo),armas (Manuel, Alex e Sergio trouxeron unhas machadas e unha frecha fantásticas), un vaso campaniforme, resumos elaborados polos propios alumnos...Con toda esta información estamos aprendendo moitísimo!!


Prehistoria1 - Movie Maker
Tamén no blog poñeremos  algúns recursos que esperamos que vos gusten.

Este seguro que vos gusta Tamén podemos xogar un ratiño.
Os vídeos dos Picapedra sempre son divertidos.

FARMACIA NATURAL

Nestes días estamos metidos en varios proxectos. Un deles é a Farmacia natural, promovida por Educa- Barrié. Imos levar a cabo un proxecto de investigación na aula sobre plantas saudables.
En primeiro lugar , recibimos un kit con todo o necesario para comezar a nosa plantación. Por equipos fomos plantando as sementes. Deixamoslas na repisa da ventana (Hai un caloriño alí que parece un invernadoiro)
Agora, uns días despois, empezan asomar as plantiñas. Estamos intrigados pensando en que sairá dos vasiños.






ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Para a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o Equipo da biblioteca propúxonos a elaboración duns marcapáxinas. Púxémonos mans á obra e aquí tedes o resultado. 
Tíñamos que celebrar outro día importante, o do libro. Como o lema deste ano das bibliotecas é  Ler ciencia na biblioteca, os nenos e nenas que escribiron relatos para o concurso Ciencia que conta, leron para o alumnado dos outros cursos as súas composicións. Todas as historias foron fabulosas . Creo que ides camiño de ser grandes lectores e escritores. Animádevos a seguir escribindo. Se queredes ver máis imaxes, entrade no blog da nosa biblioteca. Seguro que vos gusta.


miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Para celebrar este día , un vídeo bonito que atopou a nosa compañeira Pilar, coordinadora da Biblioteca.

lunes, 21 de abril de 2014

MENUDA PLANTACIÓN

Logo deste tremendo inverno, con tanta auga e cicloxénesis, xa non nos lembrábamos da nosa plantación de porros. O primeiro día bon que tivemos, José Antonio, o conserxe, axudounos a recollelos. Menuda colleita!! Quedamos abraidos! Ollade as fotografías e veredes que non mentimos nada.


miércoles, 2 de abril de 2014

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Se pinchades no retrato de Andersen poderedes aprender algunha cousiñas da súa biografía. Se vos apetece ler algún dos seus contos clicade nesta outra imaxen.



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Dende 1.967 , coincidindo có nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o día 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, coa finalidade de promocionar os bós libros infantis e xuvenís e de animar á lectura aos lectores máis novos. Este é o cartel deste ano.


A encargada de prepar o cartel foi Niamh Sharkey e a autora e editora Siobhan Parkinson escribiu a carta aos nenos do mundo, que podedes ler se clicades na imaxe  seguinte 






DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO




 Os pais de Manuel, un neno con autismo, preséntannos a Canción de Manuel III : O oito, pertencente a un proxecto audiovisual de concienciación  do Trastorno de Espectro Autista. O ano pasado escoitamos a canción anterior e gustounos moito. Seguro que esta tamén vos parece preciosa.


Ademáis aquí podedes ler 10 cousiñas que todo neno con autismo quixera que nos soupéramos. Seguro que si as lemos, entenderémolos mellor.