miércoles, 12 de septiembre de 2018

PREPARADOS! COMEZAMOS O CURSO 2018-19

Empezamos un novo curso, deixamos atrás algún compañeiro, chegan outros compañeiros novos......Bo comezo a tod@s.


jueves, 21 de junio de 2018

REMATAMOS O CURSO

Pois aínda que pareza incrible, xa pasou un ano. Un ano dende o "peche", "extinción", ou como se lle queira chamar, do noso cole. Un ano traballando con compañeiros novos, cos mesmos nenos, no mesmo lugar. Intentando en todo momento facer o posible para que os nenos non noten grandes cambios, e intentando adaptarnos a novos horarios, novos proxectos, novas normas e maneira de facer as cousas...Todavía con moita pena por todos os proxectos que perdemos e sin entender en que se mellorou con este cambio.
Grazas  a todos e nenos e nenas, aos pais e nais , que nos fixestes este ano máis levadeiro. E tamén grazas a todos os compañeiros e compañeiras cós que traballamos tan a gusto. A os que marchan desexámolles moita sorte nos seus novos destinos. Os que aquí quedamos , se todo vai ben, verémonos en setembro. 
Que pasedes todos boas vacacións.

miércoles, 20 de junio de 2018

ARGALLANDO COA ELECTRICIDADE

Como estábamos a traballlar o tema da electricidade , e no libro todo parece un pouco de rollo, decidimos facer algo máis práctico puxémonos e montar, por equipos, diferentes circuitos electricos, con elementos moi sinxelos: lámpadas, zumbadores, miniventiladores, cables, baterías, tablas ou cartóns.... Resultaron  unhas sesións moi entretidas e os circuitos funcionaron á perfección.


domingo, 17 de junio de 2018

EXCURSIÓN A MONFORTE

O venres 15 fixemos a nosa saída de fin de curso. Nesta ocasión viaxamos a Monforte. Alí puidemos visitar o curioso Museo das Casas de Muñecas, próximo á estación. Son sorprendentes as casas e as bonecas, e todas están feitas de xeito artesanal. Mirade aquí unha pequena mostra.


Tamén estivemos no Museo do Ferrocarril. Alí entramos no tren que trouxo ao Rey Emérito D. Juan Carlos dende Portugal. Fixemos unha pequena viaxe ata a rotonda onde os trens daban volta antigamente e contemplamos os diferentes trens e outros vehículos que custodian neste museo.













Claro que tamén tivemos tempo para disfrutar no parque e darnos unha boa merendola na terraza da estación.

Por último, demos un bon paseo, para aproveitar a tarde, por lugares históricos de Monforte, acompañados dunha fabulosa guía. Menuda calor que pasamos! E ao comezo todo era costa arriba!!

Todo resultou moi ben e regresamos á hora prevista.



domingo, 10 de junio de 2018

PROXECTO ROBÓTICA

Neste último trimestre, as clases de 5º B e 6º A comezamos un proxecto de robótica. Traballamos conxuntamente cos MBOTS e fixemos unhas prácticas moi divertidas.Tivemos unha profe moi especial, Noemí e un axudante espectacular, Juan. Moitas graciñas aos dous pola  súa axuda.
Para comezar, cada equipo buscou un nome para o seu MBOT e puxoo na caiza correspondente. Logo procedemos á montaxe do robot. Ao principio liábamonos un chisco coas pezas, pero logo collemos carreira e non foi tan difícil.


Unha vez montado o MBOT, comezamos coas prácticas: traballamos coa placa de leds e probamos a programar e cambiar as luces. Ata fixemos un semáforo!!. Logo perfeccionámolo e puñémoslle son e xa tiñamos un semáforo para invidentes. 
Noutra sesión programamos un robot moi obediente , que seguía unha liña negra debuxada nun folio. Pero como somos argalleiros, probamos a xuntar as mesas e facer circuitos polas mesas... e o noso robot era capaz de seguilas!!
Probamos a crear carteles luminosos e emoticonos coa placa led, e resultou unha sesión moi divertida.
Para o remate deste curso, deixamos as actividades máis divertidas: utilizando o mando a distancia fixemos competición de carreiras cos MBOTS; tamén os puxemos a practicar sumo(menudas risas), e por último xogamos unha liguiña de fútbol, cunha pelota de tenis.


Foi unha experiencia doblemente interesante, polo que aprendimos derobótica con Noe e Juan e pola oportunidade de relacionarnos cós compañeiros de 6º.
Agora xa temos que empezar  a buscar novas prácticas para o próximo curso

viernes, 13 de abril de 2018

VISITAMOS O IES CASTRO DA UZ

Dentro do programa EduEmprende, tivemos a ocasión de visitar o IES Castro da Uz. Recibíronnos o director e a Orientadora, que nos deu unha pequena charla para explicarnos o que é un emprendedor, e que tipo de emprendedor podemos chegar a ser. Logo tivemos a visita de Mónica, emprendedora, da empresa Husa. Ela falounos tamén de cómo ela se fixo emprendedora, dos pasos que debemos dar, das dificultades coas que nos podemos atopar...Deixounos claro queestá moi ilusionada cosseus proxectos e que precisamos ter iniciativa, responsabilidade, traballo en equipo....para chegar a ser emprendedores con éxito.
Aproveitamos para facer un percorrido polas instalacións do instituto. Vimos algunhas aulas. Na de plástica fixemos uns talleres, de elaboración de marcapáxinas e de chapas, que nos encantaron. Logo fomos ver os talleres dos ciclos formativos.Que sorpresa!! Nenos amañando coches, facendo aparellos eléctricos, desmontando ordenadores...Encantounos, e, por riba, convidáronnos a unha merendiña e agasalláronnos cunha mochila e unha USB.
Agora só nos queda idear algún proxecto para convertirnos en emprendedores.


jueves, 22 de marzo de 2018

VISITAMOS SOTAVENTO

Outra actividade interesante que fixemos este curso,foi a visita a Sotavento. Foi fantástico visitar a vivenda bioclimática e ver os aeroxeneradores. Aquí queda un vídeo explicativo  e unha foto de grupo, para que vexades que ben o pasamos.






lunes, 19 de marzo de 2018

APRENDEMOS CONVERSANDO

Lara e Andrea puxeron fin á nosa segunda ronda de conversas en galego. Deixáronnos coa boca aberta. Que ben o fixeron!!
 Lara falounos sobre MarieCurie, aproveitando que estaba próxima a celebración do Día da Muller. Como lle gusta a ciencia e a investigación a Lara!!
Andrea falounos da sua afición favorita, o fútbol. Amosounos a súa equipación, algunhas das súas medallas,fotos.
Resultaron dúas conversas moi interesantes. Agora imos a pola terceira ronda. Nesta ocasión prepararemos de xeito cooperativo, en equipos unha exposición sobre un tema escollido libremente. Logo dunhas sesión preparatorias comezaremos coas conversas.


viernes, 9 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER 2018

Chegou o día. Novamente estamos a celebrar o Día da Muller. O Equipo de Dinamización Lingüística do centro, propúxonos unha actividade ben divertida: traer fotos de mulleres da nosa familia e escribir tamén aque se adicaban. Vimos que había moitas mamás, avoas, tías...e todas elas abarcaban moitas profesións. Con todas as fotos fixemos uns murais para expoñer nos dous pavillóns.


lunes, 5 de marzo de 2018

INTERESANTES CONVERSAS

Outro martes máis de conversa. Desta volta, tocoulles sorprendernos a Xulián , André e Ian Xulián fixo unha completa exposición sobre a caza, tipos de caza, armas empregadas, cordas, tipos de cans...Foi apasionante e aprendemos moitas cousas novas. Creo que todos estivemos de acordo en que o fixo moi ben e que o traia moito mais preparado que na súa primeira charla.

André engaiolounos coa súa historia do mariñeiro David, do seu barco, dos peixes que collía, das dificultades que tiña. Estivemos moi atentos.Todos pensamos que David era un amigo seu. Pois non, foi un personaxe imaxinario, que André creou para facer este ratiño de conversa. Estupendo, vivímolo como si fose real.

Ian, nesta ocasión, falounos doutra acatividade que lle gusta moito: o xadrez e demostrounos que sabe moito deste tema. Estupendo! Non nos cansamos de aprender.
Parabéns aos tres.




viernes, 23 de febrero de 2018

SESIÓN DE ROBÓTICA

Tivemos a sorte de contar nunha sesión de clase cós profes Noemí e Juan. Con eles repasamos os contidos que estamos a traballar, relevo de España, fraccións...,pero utilizando ROBOTS. Pasamos unrato moi divertido, pero non sempre era fácil dar as ordes para que os robots chegasen á solución que nós queríamos. Seguiremos practicando. Grazas Noe e Juan, por prestarnos o voso tempo.




jueves, 22 de febrero de 2018

LENDO A HARRY POTTER

Estamos lendo o primeiro libro da serie de Harry Potter. Para ambientarnos, vimos os primeiros capítulos. Logo pasamos á lectura. .Como nos imos convertir en grandes magos, empezamos facendo unhas fermosas variñas máxicas. Tamén preparamos a nosa carta de admisión en Hogwarts e fixemos o listado de material que necesitaremos na escola de maxia. Seguro que aprendemos moito e chegaremos a facer grandes trucos.


viernes, 9 de febrero de 2018

O ANTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

Este ano no cole, escollemos como tema para o entroido "Estilos musicais". Nos acordamos vestirnos de raperos, e como nos gusta moito "O Langui" buscamos unha coreografía para a súa canción "Se buscan valientes"
A comisión de Antroido propuxonos un disfraz sumativo, de tal xeito que  o xoves teríamos que parecer un cantante que nos gustase. Menudo elenco de artistas!! Estaba Michael Jackson, Tina Turner, Lady Gaga, Mariachis, Bruno Mars, Elvis....Aquí podedes ver unha pequena mostra.




viernes, 2 de febrero de 2018

CELEBRAMOS A PAZ

Ao longo do mes de xaneiro, organizamos diferentes actividades para a paz. Coa profe Elena preparamos unha canción (Bajo el mismo sol) que cantamos e bailamos o Día da Paz, no patio ,xunto con todos os compis de primaria. E tamén coa profe Ángeles preparamos unha fermosa canción en Inglés.  Os pequenos de infantil sorprendéronnos cunha roda moi divertida: El patio de mi cole.
Tamén argallamos en equipos uns murais , logo de buscar iformación. Estmos dándolle os últimos retoques e logo expoñerémosllos aos outros equipos da clase.


lunes, 29 de enero de 2018

A VOLTAS COA CONVERSA

Remataron as vacacións e temos que  poñernos as pilas de novo. Ao longo deste mes tivemos ocasión de disfrutar da segunda ronda de conversa de Ainoa, Dani e Gabriel e Eloy.

Ainoa preparounos unha exposición preciosa sobre  "O Mate". Canto aprendemos!!Xa sabemos como é, como se prepara, para que ocasións nos pode servir....Que chulos os cacharriños que nos trouxo Ainoa. Noraboa, melloraches moito con respecto á primeira exposición. Mirade unha pequena mostra.


Tamén Gabriel e Eloy, que prepararon xuntos a súa exposición nos sorprenderon. Temos que darlle as grazas ao profe Juan, que lles axudou un poquiño. Mirade as fotos a ver se sabedes de que trataba a súa conversa. Por suposto, interesounos moito e fixemos moitas preguntas.


E o último conversador deste mes de xaneiro, foi Daniel. Contounos moitas cousas dun tema que lle apasiona: os porteiros de fútbol. Estou impresionada, cada vez sodes mellores conversadores e tedes menos medo a falar en público.En cada exposición aprendedes uns dos outros e esforzádesvos por mellorar. Parabéns a todos.




jueves, 21 de diciembre de 2017

E CHEGARON AS VACACIÓNS

Pois si, logo do festival de hoxe, entregamos as notas ( esperamos que fosen do agrado de todos, porque todos os nenos e nenas se esforzaron moito) e só me queda desexarvos Bo Nadal e Felices Festas.

Vémonos á volta. Disfrutade das vacacións.

martes, 19 de diciembre de 2017

IMOS A BETANZOS

Hoxe pola maña fomos ata Betanzos . Alí visitamos o Belén articulado e logo pasamos un anaquiño polo Museo das Mariñas.


O xoves despediremos este trimestre cunha acitividade moi animada, organizada pola ANPA do centro. Logo estamos convidados a unha pequena merenda e disfrutaremos de xogos en compañía das compañeiras de Picariños.

lunes, 20 de noviembre de 2017

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

O venres pasado fomos, invitados polo Concello, ao Auditorio Alovi, para ver a obra "A nena que quería voar", interpretada pola compañia Redrum Teatro.
Na obra, unha pequena que está a sofrir as mofas dos seus compañeiros, foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Afortunadamente, no seu camiño atopa có mago Xeadeiro que con contos, xogos e cancións consigue devolverlle a autoestima perdida. 
Unha obra fermosa para concienciar ao alumnado fronte ao bullyng.


viernes, 17 de noviembre de 2017

RONDA DE CONVERSA

Rematamos a 1ª ronda de conversa dos martes. Foi espectacular. Ainoa presentounos as súas receitas de cociña; Eloy contounos moitas cousas dos tractores; Destaw e Miguel charlaron sobre os cans; Gabriel trouxonos un montón de "hot wheels" edeunos moitos datos da enorme colección que ten; André e Daniel coincidiron no seu futbolista favorito, Messi; Ian amosounos o seu dominio sobre o tema dos fungos; Xulián explicounos como é Maluma e por que lle gusta; e como broche final, Érika, Lara e Andrea contáronnos con moito detalle como se fixeron amigas e como a súa amizade perdura e mellora có paso do tempo. 
Agora imos a pola segunda ronda. Seguro que me seguides sorprendendo.




miércoles, 8 de noviembre de 2017

XOGOS DELINGUA CASTELÁ.


NO blog de Ana 3º ciclo na Maciñeira, atopamos estos interesantes xogos de Pasapalabra.


Pasapalabra: OS ANTÓNIMOS:

 foto


Pasapalabras: VOCABULARIO:
 foto

 foto


Pasapalabra: CONJUGACION DE VERBOS:

 foto

Pasapalabra: ADIVINANZAS
 foto
: