Este ano, para o concurso de Fungos decidimos facer un reloxo cun tapacubos. Marian díxonos que en inglés se chama "hubcap"(Canto estamos aprendendo!!).O profe José Mª, deunos unhas ideas para poñer os números e pintalo e puxémonos mans á obra. Levounos varios días, pero non quedou mal...e....YUPI!!!, déronnos un premio.Isto anima para seguir traballando o ano que vén.
Noraboa a tódolos nenos e nenas de Infantil, Primaria e ESO que tamén recibiron premios.
2 comentarios:
Que bonito e que orixinal! Tivéchedes unha idea fantástica, non me estraña nada que vos deran un premio. Encántame. Un biquiño.
Graciñas Ana, pero non é nada ao lado das cousas fermosas que tés no teu blog. Bicos.
Publicar un comentario