Outra actividade moi divertida que fixemos en Plástica , foi pintar con ceras duras e cores de madeira sobre papel de lixa. Marian contounos que en Inglés chámase "sandpaper", porque parece que está feito con graniños de area.Veredes que debuxos máis lindos.
4 comentarios:
Que bonito! Paréceme unha experiencia fantástica. Nunca probei. Vou ter que probar esa técnica cos meus. Biquiños.
A verdade é que lles quedaron uns debuxos chulísimos e pasárono moi ben utilizando unha técnica nova. Noraboa Loli polas túas grandes ideas!
Quedou precioso, Loli. Parabéns para ti, para os nenos e tamén para Marian.Bicos mil para todos.
Están preciosos estes debuxos, quedan chulísimos sobre este soporte.
Bicos
Publicar un comentario