Por fin, este mércores pasado , estrenamos o invernadoiro. Xa nos tardaba! O profe Paco levounos ata alí e explicounos que era un invernadoiro e para que servía. Despois amosounos uns bulbos de cebola e explicounos como plantalos. Cando rematamos puxo a funcionar o sistema de rego. Encantounos ver os aspersores funcionando.Dentro duns días pasaremos a ver como medraron. Graciñas Paco.
2 comentarios:
Estades feitos uns verdadeiros agricultores. Parabéns. Cando recolledes os froitos?
Bicos Digna
Menuda experiencia! Que invernadoiro máis bonitiño tedes! Coma ben di Digna, estades feitos uns agricultores de primeira!!!! Xa pasaremos a recoller os allos, je,je Biquiños.
Publicar un comentario