Como estamos a falar da auga, da importancia de coidala, xa que temos moi pouca potable (a maioría da auga está nos mares e océanos e é auga salgada; moita da doce está en forma de xeo nos polos e glaciares) decidimos facer unha depuradora para ver como se pode limpar a auga sucia.
Cortamos o fondo dunha garrafa e puxémola en posición invertida. dentro puxemos algodón, pedras grandiñas, outras máis pequenas, area e un filtro de metal. Levamos unha botella con auga ben noxenta, con pedras, paus , terra....
Botámola na depuradora e, pouco a pouco, empezou a saír a auga ben limpa. FUNCIONA!!!
Despois disto, para completar a nosa "formación en filtros", fomos visitar as instalacións da piscina municipal.Alí aprendimos moito: os diferentes filtros que ten a auga da piscina, como se quenta , como se leva a auga quente tamén para as duchas , como se consegue caldear o aire do recinto, como se pode repoñer a auga que se perde. Moitas graciñas a Rodrigo e Angélica por ensinarnos e acompañarnos nesta visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario