miércoles, 18 de marzo de 2015

OUTRAS ARGALLADAS QUE FIXEMOS

Completamos o noso proxecto con sinxelos experimentos, mesmo repetimos algún que xa fixera a profe Oliva, pero que os nen@s recordaban e querían volver a facer.

Observamos o ciclo da auga:
    
Comprobamos a presión e a tensión superficial






Coa lupa miramos os cristais de sal que nos quedaron na bandexa logo de evaporarse a auga.

Oscar, de 2º, veunos facer un experimento moi chulo. Dobrou cinco palillos pola mitade. Dispúxoos nunha bandexa coa parte dobrada para o medio. Botoulles un chisco da auga e...Menuda estrela. Mirade.



2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Que bonitos experimentos! Encántanme. Un bico.

Ángeles. dijo...

Que ben traballades!
Tantos experimentos!
Esas clases sí que son divertidas!
Non hai mellor maneira de aprender.